25 de xuño de 2009

MADRID

O CREGO SANTIAGO VILLA MARTÍNEZ, PARTICIPARÁ O VINDEIRO DOMINGO NA SANTA MISA QUE RETRANSMITIRÁ A TVE2


Infogauda / Madrid

O vindeiro domingo día 28 de xuño, ás 10:30 h., poderemos ollar pola TVE2 a retransmisión da Santa Misa que se oficiará na Basílica de San Miguel, de Madrid, na que o crego guardés, Santiago Villa Martínez intervirá como Mestre de cerimonias.
BREVE RESEÑA BIOGRÁFICA DE SANTIAGO VILLA MARTÍNEZ
Nado na vila de A Guarda, Santiago Villa Martínez, foi ordeado sacerdote polo Papa Xoán Paulo II, o día 6 de xuño de 1982, en Roma.
De mozo, Santi Villa foi cantautor. Tén 25 cancións orixinais (en castelán i en galego), recollidas en un CD que leva por título xenérico: "Treinta años no son nada".
Tamén fixo un CD - "Recordando" - de música con karaokes de 8 cancións do grupo Los Brincos - con Juan Pardo e Junior - e de Juan Pardo.
A traverso do seu blogue, a súa idea é ir comentando, algunhas das letras de cancions de Juan Pardo que na súa opinión, dín moito, y non son moi coñecidas (Ángel: sobre o Anxo da guarda; Sevilla en procesión: sobre as procesions de Semana Santa en Sevilla; Blanca paloma: sobre a Virgen do Rocio,...).
Ademáis da súa brillante carreira eclesiástica, e da súa afección pola música, Santi Villa Martínez é biólogo, e hoxendía reside en Madrid, onde desempeña un importante cometido relacionado coa súa actividade profisional e pastoral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario