Fonte: Xunta de Galicia
O segundo tramo desta infraestrutura recuperará o deseño polo que apostou o actual presidente da Xunta de Galicia e que o Goberno bipartito modificou.
O primeiro tramo (Tui-Enlace PO350) vén de adxudicarse á empresa UTE Acciona Infraestruturas, S.A- Copasa, e o terceiro Goián-A Guarda xa ten data para o levantamento de actas previas á ocupación, para proceder a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras.
Cómpre recordar que este traxecto forma parte da Vía de Alta Capacidade, unha actuación incluída dentro dos proxectos do Plan Galicia, deberían ter sido rematadas xa co Goberno do bipartito.
Santiago, 7 de xuño de 2009.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas retomará o trazado deseñado no ano 2004 da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda . Este vial, que consta de tres treitos diferenciados, foi presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, cando dirixía o departamento de Política Territorial, e durante o Goberno bipartito iniciouse a tramitación da modificación do trazado do segundo treito desta infraestrutura, que nunca chegou a aprobarse.
Concretamente, o treito que discorre dende o Enlace PO-530 ata Enlace Goián será modificado, respecto do plantexado polo departamento que dirixía María José Caride, xa que o actual Goberno considera que é o que menos impacto produce, o que vertebra mellor o territorio e o único que conta coa Declaración de Impacto Ambiental.
Así, este tramo terá unha lonxitude de 10,5 quilómetros, disporá de dous carrís para cada sentido da circulación de 3,5 metros cada un, a berma interior será de 1,5 metros mentres que a exterior terá un ancho de 2,50 metros. A partir de agora, o departamento dirixido por Agustín Hernández realizará os axustes necesarios para conseguir mellorar o trazado de 2004 e minimizar aínda máis os impactos.
A previsión da Xunta é que estea operativa antes de que remate a lexislatura, xa que para o Goberno galego esta infraestrutura ten unha importancia vital para a vertebración económica de Galicia e a comunicación entre Galicia e Portugal, polo que estas circunstancias obrigan a unha inmediata actuación, co fin de dotar esta zona das comunicacións viarias que demanda a área do Baixo Miño.
Compre salientar que o proxecto da VAC Tui-A Guarda formaba parte das actuacións do Plan Galicia, cun prazo de remate en 2008. Cando estea finalizada xa no Goberno bipartito. Non obstante, ao seu remate, converterase no gran eixo vertebrador e de comunicación da comarca do Baixo Miño. Ademais, representará unha mellora importante na calidade de vida e a seguridade vial dos máis de 46.000 habitantes dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda.
Deste xeito, a VAC Tui-A Guarda, que ten unha lonxitude de 24,5 quilómetros, constituirá unha vía imprescindible para dar saída comercial as empresas emprazadas nos polígonos industriais dos concellos beneficiarios, xa que suporá unha mellor conexión coa Meseta e con Portugal. En definitiva, potenciará o desenvolvemento da comarca, propiciará máis industria e a creación de novos postos de traballo, ademais de favorecer o transporte, mellorar a seguridade vial e aumentar a calidade de vida dos cidadáns.
Ao remate das obras da VAC Tui-A Guarda esta infraestrutura ofrecerá un servizo complementario ao actual ramal da estrada A Guarda-Tui (PO-552).
Tui-Enlace PO-530 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de construción do tramo Tui-enlace PO-350, da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda por un presuposto de 27 millóns de euros. A empresa encargada de levar a cabo as obras do primeiro tracto da VAC Tui-A Guarda é UTE Acciona Infraestruturas, S.A. - Copasa.
Este treito ten a súa orixe no enlace de Tui sobre a autovía Vigo-Portugal (AG-55) e o remate no enlace coa estrada autonómica Areas-Tomiño (PO-350), polo que ten unha lonxitude de 3.900 metros. O prazo de execución de obras que manexa a Consellería de Medio Ambiente é de 32 meses.
As obras do tramo Tui-Enlace PO-530 afectarán directamente aos municipios de Tui e Tomiño. Esta vía, cunha lonxitude de preto de 4 quilómetros, contará con catro carrís de 3,5 metros e dúas beiravías de 2,5 metros. Asemade, contará con ramais bidireccionais, que ao remate da obra terán un ancho de 11 metros; e con ramais unidireccionais, de 9,5 metros de ancho. Deseñaranse
O proxecto deste ramal especifícase que ubicación de tres enlaces: o enlace coa autovía A-55 en Tui, deseñarase unha glorieta en estrutura sobre a autovía; o enlace coa estrada Forcadela-Areas (PO-552), para o que se modificará a intersección actual coa vía Forcadela-Areas dispoñendo unha glorieta de 25 metros de radio; e o enlace coa estrada Tui-Tomiño, para o cal se proxectan dúas glorietas a ambas marxes do tronco da estrada unidas por un ramal bidireccional para permitir todos os movementos de entrada e saía ao viario en proxecto.
Terceiro treito
Por outro lado, a finais do pasado mes de maio o departamento responsable en materia de infraestruturas fixou a data para o levantamento de actas previas á ocupación no treito Goián-A Guarda. A tal fin, procederase á expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado da Vía de Alta Capacidade de Tui neste tramo.
Para consultar o trazado da VAC prema
Ningún comentario:
Publicar un comentario