O FESTICLOWN 09 CHEGA A VIGO CELEBRANDO A SÚA DÉCIMA EDICIÓN.
A cidade olívica acollerá entre o 27 de Xullo e o 2 de Agosto os numerosos cursos dentro da programación do Formaclown
Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG / Vigo
O Festiclown 2009 celebra por todo o alto a súa décima edición, achegando ata a cidade de Vigo a diversión e o espectáculo para todos os públicos.
Ademáis, todos aqueles que o desexen, poderán participar no Formaclown que terá lugar lugar entre o 27 de Xullo e o 2 de Agosto, como antesala das festas grandes da cidade de Vigo.
A oferta formativa deste ano destaca non só pola súa variedade, senón pola calidade dos numerosos cursos, que serán impartidos polos profesionais de máis alto nivel no mundo da maxia o clown e o teatro.
Nesta décima edición atopamos importantes novidades, destacando a celebración por vez primeira do Curso de Clown para mulleres, que terá como mestra á pedagoga teatral Lluna Albert.
Ademáis, entre a oferta formativa do Formaclown 2009 destacan diversos cursos enfocados a todo tipo de públicos: Curso de Bufón ao frente do cal estará Philippe Gaulier, considerado como “o mellor mestre de clown en vida” ou Na procura da nosa identidade cómica que será impartido por Leo Bassi, coñecido polas súas novedosas e provocadoras actuacións teatrais.
Tamén atopamos un Curso de maxia cómica & clown, impartido por Pablo Muñoz, cofundador da compañía de clown Good Idea Company, un Curso de iniciación ao clown impartido por Antón Valén, “o clown que namorou o circo do Solei e a Slava”, Clown Workshop que terá como mestre a Jango Edwards do que din é “o clown máis tolo do universo”, O camiño do Clown impartido por Alain Vigneau, colaborador da ONG Payasos sin Fronteras, e Antropología do movemento Cómico, que pretende ser una especialización formativa ó movemento teatral e que será impartido por Claudia Contin e Ferruccio Merisi, cofundadores da Scuola Sperimentale dell'Attore en Italia.

Todos aqueles que desexen formarse ou perfeccionar os seus coñecementos, xa poden inscribirse por un módico prezo a través da web http://www.festiclown.org onde poden consultar as normas de inscrición e facer efectiva a mesma.A organización porá a disposición do alumnado aloxamento gratuito na cidade, como ven facendo xa dende anteriores edicións.
Xa o sabedes! O Festiclown 2009, organizado por Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG e financiado pola Tenencia de Alcaldía do Excmo. Concello de Vigo coa colaboración de Caixanova e da Asociación Cultural Amig@s do clown, ponse en marcha, e este ano está disposto a revolucionar Vigo da man do teatro a risa e o humor máis descarados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario