2 de abr. de 2009

CHARLA NO ROSAL SOBRE EDUCACIÓN VIAL A CARGO DE COGAMI


Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
Este xoves 2 de abril terá lugar no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal unha charla de Educación Vial dirixida a 58 alumnos/as de 4º da ESO e de 2º de Diversificación Curricular dese centro.
Por segundo ano consecutivo persoal de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) colabora nesta iniciativa no colexio público rosaleiro.
Haberá dúas sesión de 50 minutos cada unha. A primeira de 9:50 a 10:40 horas e a segunda de 10:40 a 11:30 horas.
Intervendrán nesta charla Fabián de Saa, voluntario que contará a súa experiencia persoal, Susana Seoane, traballadora social de COGAMI e Ángel Holguera, coordinador de actividades de COGAMI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario