4 de set. de 2010

A GUARDA

Festas na honra da Virxe da Guía no barrio guardés de Ribadavila

Infogauda / A Guarda


O pobo de A Guarda celebra as Festas da Virxe da Guía no barrio de Ribadavila. Os festexos comezaron o venres coa verbena amenizada polas orquestras Supremos e Jockers.
Este sábado, día 4, Estrelas Azules e Distrito 7 amenizarán a verbena.

O domingo, día grande destas festas, a Banda ded Música Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luís Alonso Treinta, fará o tradicional pasarrúas previo a celebración eucarística.

Ás 11.30 horas oficiarase a misa solemne con sermón, e o remate sairá a procesión acompañada pola Agrupación Musical de A Guarda.
Ás 19.00 horas comezarán as tradicionais poxas que terán como broche de ouro unha atronadora tirada de foguetes. evento que non tén parangón en toda a bisbarra, e que concita a presenza de moitas persoas.

A última verbena das Festas da Virxe da Guía estará amenizada polo grupo Xuntanza.
O mércores día 8, ás 9.00 da mañá, misa rezada polos maiordomos falecidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario