AS CADEIRAS DO PSOE... LÉMBRANSE??

Nalgúns comentarios fálase moito sobre cadeiras de brazos ou sillas..., e iso fíxome pensar nas famosas cadeiras que o PSOE, con Touriño á cabeza comprou. Non sei se o recordan, para pousar asentaderas de moi alta liñaxe (dígoo polo custo económico que tiveron).
As citadas cadeiras foron as seguintes (ABC, 4/2/09).
- Para unha sala, foron compradas á prestixiosa compañía danesa Fritz Hansen, de aluminio tapizado con pel: 2.269 € cada unha das 19 elixidas, un total de 43.111 €.
- Na outra sala, cadeiras máis "económicas". 18 cadeiras modelo "Aluminium Group", da marca Vitra: 1.960 € cada unha, un total de 35.280 €.
- As cadeiras da sala de prensa son bastante máis baratas, tamén de Vitra, modelo 04, a razón de 890 € por unidade e só cinco, un total de 4.450 €.

Resumindo: 42 cadeiras custáronnos a chilindrada de 82.841€, ou o que é o mesmo, 1.972,40 € cada cú do PSOE, perdón, cada lugar para pousalo.
Todas elas pasaron ao esquecemento, sobre todo dos socialistas que agora nos falan de austeridade no gasto, recortan pensións, quitan os incentivos por nacemento de fillos, fálannos dos brotes verdes ou azuis, minten sobre o paro, etc, etc...
O Mosquito Capón trae para todos os seus lectores imaxes dos modelos que se instalaron con case toda probabilidade, por tan económica suma de eurillos.
MOSQUITO CAPÓN
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Alguén debería dicirte que tes un serio problema de alerxia ao PSOE, polo que levas comentado o teu criterio non é valorable. Tamén te lembro que estás falando en tempo pasado e xa que falas do tema, cando o antigo presi Fraga gobernaba, mercouse mobiliario tan caro ou máis e que logo desapareceu misteriosamente unha vez deixou o cargo. Pero se anécdotas hai moitas. Voute contar unha en tempo presente, agora goberna un tal Feijóo ou Freixón, como prefiras (cara diso ten), é do PP, por se non o sabías, pois todo o que ocorre en Galiza é responsabilidade deste señor, que te parece? Os recortes en sanidade (aumento na lista de espera, recorte na contratación de persoal, etc), recortes en educación e cultura (menos para o "Xacobexo", claro), recortes na prevención de incendios e un longo etc de burradas políticas que teñen repercusións directas na sociedade galega, si a nosa, non a do resto de España, aquí gobernan os listillos do PP. Tamén tes a opción de sintonizar a rtvg e pensar que todo é marabilloso "don't worry be happy". Pois iso, non te preocupes e sé feliz!

O MENDA LERENDA DA JALLEIRA dixo:
Debe de non gustarlle a muitos cando o Mosquito Capón a pasear e diciendo verdades que lles doen, e que non poden demostrar que son mentiras. Ánimo que muitos estamos contigo.
Anónimo dixo:
A OPOSICION ESTA NA CHINA Este é un listillo, un pelota… do BNJE, e quere formar parte no próximo “goberno local”, por iso fai a pelota a o “goberno actual” e séntese culpable de que o señor do albariño non fixera nada por Galicia.A precampaña destes nacionalistas, ditadores no Baixo Miño foi nas plantacións de viñedos, e os quintanas, presumían degustando o viño das rías baixas en barcos de luxo, viño que está ensanguentado pola explotación, escravitude das mulleres que traballan en estas bodegas.(CIGA é culpable).Estatuto Galego, reforma electoral, unificación da sanidade, defensores do ladrillazo,…..,etc, todo sen realizar. Estes inquisidores perderon 200.000 votantes e perderán moitos mais.Nótase no ar que estes novos fascistas, separatistas...etc, faránse notar para o próximo curso escolar a conta dos nosos fillos, e encontra da calidade da ensinanza. A pena é que na Guarda a oposición esta de “vacacións” mellor dito non se ve por ningures. Unha na perruquería, un desterrado e outro a recoller migallas, e o “español” facendo o recorrido no seu patrol.
Mosquito Capón dixo:
nunca sae o mosquito a responder, pero nestre intre voute contestar amigo do PSOE do Español: non teño alerxia ningunha ao PSOE soamente danme moi mal cheiro as contas mal feitas e có diñeiro do pobo as faga quen as faga, non te esquezas de que éu xa teño o meu propio club do que é evidente que tí non podes formar parte....nós criticamos o que está mal feito e non temos gafas para ver soamente os dos crontrarios como é o teu caso. Os nosos contrarios son os dos colores do mal facer para a xente, pero me pregunto porqué para tí non? sertá que levas parte ? zzzz...terei que voar e averigualo cón teus veciños...
Anónimo dixo:
eso mosquito dí que sí, tú sigue picando y si a los del Español o a los de GALIZA les molesta tanto por algo será, si es mentira lo que dices que lo demuestren
Anónimo dixo:
Anónimo dixo:
mira que picas forte mosquito, saltan que da medo, pero como non te poden desmentir trinan coma condenados, aos nosos concelleiros tamen lles tocaría algunha cadeira? si lles tocou non a soltan nin por foda.
Anónimo dixo:
Aquí parece que algúns confunden o touciño coa velocidade. Estou dacordo en que se critique aos políticos que non cumplen, pero con fundamento "señor Mosquito". Se falamos do que agora está a ocorrer na sociedade, por que falas de cadeiras? (unha información extraída do ABC pode ser sospeitosa de certa tendencia política, non precisamente de esquerdas). Fala do caso Gürtel que ten máis meolo! ou das chulerías ás que nos ten acostumado o señorito Feijóo. O certo é que nin son do PSOE nin do BNG nin moitísimo menos do PP e por iso me sinto libre á hora de dar a miña opinión. Dame a impresión, a raíz dos comentarios posteriores ao inicial, que aquí non se pode criticar aos que critican, porque senón es un "feixista" ou un "pelota", etc. Ao mellor os que non admiten críticas si que resultan ser uns mesquiños intolerantes que só lles gusta escoitar a voz do seu amo. Eu como dixen, son libre de dar a miña opinión, sempre con respeto, ata que alguén altere esa norma fundamental para o entendemento, seguirei así. Conclusión, este é un espazo só para criticar ao PSOE e en concreto a algún membro da corporación municipal. Non vos preocupedes que hai eleccións dentro de pouco, logo gobernarán outros (espero que para entón sigades tendo esa mesma "actitude crítica"). Un saúdo!
Anónimo dixo:
Anónimo dixo:
o mosquito fala do que lle peta e si ti non eres do Psoe nin do Bng nin do PP ,entón que estás no exilio como o de Tega?o que si queda claro é que moito te deben fastidiar as verdades do mosquito por iso segues lendo os seus comentarios e escribindo.
Con moito respeto e un saúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario