6 de set. de 2010

CAMPOSANCOS

ESQUERDA UNIDA SOLICITA A REXENERACIÓN DA ZOA DUNAR DE CAMPOSANCOS COA AREA EXTRAÍDA DO RÍO MIÑO
- José Antonio González Morais sinala que o estudo desta proposta se faga cos técnicos de Medio Ambiente


Acúmulo de area - extraída do río Miño - nos terreos de Bouza da Fonte (Camposancos), onde estivo a fábrica de terrazos.


O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte:

PROPOSTA DE MOCIÓN:

Unha ves mais lembramos que fai pouco tempo en Camposancos extraíase area dende a Laminha ata o Puntal. Se paseas por estes lugares decátaste das covas, caminhos feitos polos tractores camións que realizaban a mencionada extracción de area.
Nos terreos de Riego, antiga fábrica de terrazos podemos ver unha montanha de area da necesaria extracción do río Minho. O espectáculo non favorece a seu entorno e molesta moito as persoas que disfrutan da praia, cando fai vento sae voando ferindo as persoas, dor no corpo, area nos ollos.
Dende Esquerda Unida propomos que esa area se deposite nas covas da Lamiña ata o Puntal para recuperar o monte como era antes e que tódolos guardeses e visitantes disfruten das nosas praias e monte. Se este monte estivera limpo sería moi útil para o pobo, e o principal sería a creación de postos de traballo. Tería que ser un pulmón de a Guarda, igual que os terreos do Castelo de Santa Cruz.
Que se ponhan en contacto cos senhores especialistas de medio ambiente para realizar esta recuperación ecolóxica.
Dragar o río e moi necesario e recuperar o monte baixo de Camposancos tamén e seu custo e mínimo. Creemos que a prioridade primeiro é para nós, e logo para compartir ca rexeneración de outras praias de Pontevedra.

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

Retirada da montanha de area depositada nos “terreos” de Riego.
Recuperación do monte baixo de Camposancos depositando area nas covas dende A Laminha ata o Puntal.
Que o estudio desta proposta se faga cos Técnicos de Medioambiente.

A Guarda a 6 de setembro 2010.
OPINIÓNS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Esta semana e ningunha outra non che van faer caso, xa teñen basta co que lle ven éste venres e moitos máis días. Como non vaian os funcionarios de obras do Concello con carretillas e o volquete e fagan algo bó por Camposancos dudo que esta boa idea se materialize. Digo que no se vai faer, primeiro porque poucos lerches van a quedar nas arcas do Concello por o que vai pasar nestos días próximos. E segundo porque iso e moito traballo e as horas extras que se faerían non as cobrarían xa que poucos lerches tendrá o Concello pra pagar, xa que na súa xornada diaria pra ese traballo non están preparados. Solo están preparados pra faer que faen, e logo sí traballan nas horas extras. E a realidade que esa area quedará nese sitio hasta que as chuvias a leven outra vez pra o rio.
Anónimo dixo:
Hola "ToniÑo", home tí tes toda a razón, pero xa che dín por ahí que non hay PASTA, é menos para para cousas útiles, se fora para "Camiños xacobeos...". Por outro lado xa me empezas gustar xa pós en algun lado MiÑo, e tamen LamiÑa, haber si vas caendo da burra que tí nos eres do Bloque.
Saludos.
Anónimo dixo:
Tes la clara, deixa a area donde está, ijual e que os da panda do fotójafro oficial non deixan que se toque, que co ruido dos camions y paleadoras pra levarla donde tí dices poden extresar as plantas, peixes e paxaros. Tes que lle pedir permiso a eles primeiro, e lojo si eles dan a sua aprobación igual telos de aliados e se pode faer o que ti dices, que e necesario e bo pra Camposancos e pra todos tamén. Utiliza a diplomacia, ja, ja, ja, ja, ja, ja, ja.

Ningún comentario:

Publicar un comentario