O MELLOR “HOUSE”, EN OURENSE E DE BALDE
A Deputación de Ourense, na súa labor de apoio ás actividades dirixidas á xuventude, organiza o vindeiro venres, 10 de setembro, a partires das 22.00 horas, a terceira edición de “Housrense”, o festival de música House que este ano prevé atraer a máis de 5.000 persoas ao recinto do pavillón Paco Paz, para disfrutar coa música dos mellores DJ’s do mundo.
Con entrada gratuíta, e acceso para maiores de 16 anos, a organización do “Housrense” deu este ano un paso máis cara a consolidación e ampliación do festival, segundo afirmou o director do evento, Gonzalo Carballeda, “dándolle un carácter máis internacional, pois contamos coa presenza de DJ’s destacados no panorama mundial como son Mastiksoul, Nicola Fasano, Molella e Darío Núñez, ademais dos nosos DJ’s locais de Ourense, como son Ivan Project DJ, Roberto Novoa, Pablo da Costa e César del Miño”.

50.000 watios de luz e 100.000 watios de son é a principal característica técnica do festival, que nesta edición, segundo Gonzalo Carballeda, “contará tamén con espectáculos house en vivo co show de Saxo Magic Solutions, co grupo Pablo Méndez Performance, e co show de percusión “Bulbul”.
Pola súa banda, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, dixo na presentación do festival que a institución provincial segue apoiando esta iniciativa “polo éxito que acadou nas pasadas edicións, pero sobre todo porque vai dirixida á xuventude. O feito de ser un espectáculo gratuíto cremos que é un acerto porque permite a todos os xóvenes poder acudir e máxime nos tempos de crise que estamos a vivir”. Asemade, José Luis Baltar considera moi importante que Ourense se sume aos circuítos culturais e musicais internacionais deste tipo de música traendo á cidade figuras de renome, “porque todo iso deleita a nosa xuventude, serve de promoción á provincia e fainos máis coñecidos”.
A seguridade do festival estará garantida por un equipo de máis de 25 profesionais, ademais da colaboración da Policía Local e Nacional, e de Protección Civil.
O horario do festival será de 22.00 a 05.00 horas.
“Housrense” está a ser un dos festivais House de referencia en Galicia, e destaca polo feito de ser gratuíto e pola alta calidade dos artistas convidados. Un ano máis, a cidade das Burgas volve ser o centro da música House e milleiros de mozos e mozas poderán disfrutar dun espectáculo único na nosa provincia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario