2 de dec. de 2009

GALICIA

Feijóo: “A Xunta valora como alternativa que mellor concorda cos requisitos de galeguidade e de solvencia unha unión das caixas galegas produto dunha fusión equilibrada, igualitaria e paritaria das dúas actuais caixas de aforro”

· O presidente da Xunta cos responsables da oposición
Foto: Conchi Paz
Infogauda / Galicia
O mandatario galego sostén que a integración conxunta das dúas entidades galegas é un proxecto “viable técnica, económica e financeiramente”.
O secretario xeral para o Deporte felicita a Iván Salgado polo seu subcampionato mundial de xadrez

· Lete Lasa con Iván Salgado

Foto: S.X. para o Deporte

José Ramón Lete recibiu hoxe o xadrecista ourensano.

Ler máis.

En catro anos, o único que fixo o anterior o Goberno foi unha tramitación errónea
A Xunta subliña que o retraso das directrices de ordenación do territorio débese a necesidade de repetir a tramitación ambiental porque o bipartito non cumpriu os prazos nin a lexislación ambiental.

Ler máis.

Galicia pechou o mes de novembro con 216.828 persoas desempregadas, 7.905 máis que no mes anterior
Ler máis.

Medio Rural mellorará os accesos a viñedos e adegas na denominación de orixe Rías Baixas
Esta iniciativa enmárcase nun plan global de infraestruturas que abrangue o conxunto das D.O. vitivinícolas de Galicia.
Samuel Juárez presentou hoxe en Cambados e O Rosal os plans da Consellería para esta área de produción, que contemplan obras de acondicionamento, asfaltado e limpeza de cunetas, en colaboración cos concellos.

Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario