5 de maio de 2009

MOTOR

PRESENTOUSE O EQUIPO ROSALEIRO “SEMPRE Ó CORTE” QUE PARTICIPARÁ NO CAMPIONATO GALEGO DE RALLY


Parte dos integrantes do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte

Vista traseira do Ferrari F-50
Mitsubishi Evolution IX
Interior do Peugeot 205 Rally
Vista parcial do Ford Sierra Cosworth
Os dous Peugeot 205 do equipo que participarán no Campionato Galego
Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco)
A copiloto Eva Costas Rodríguez e o piloto José Calvar González (Calvar)


Reportaxe: Sempre ó Corte
Fotografías: Juan Ramón M. Barbosa / O Rosal

O venres 1 de maio ás 23:00 h. e coa colaboración do Concello do Rosal tivo lugar en Martín, a presentación do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte” que, con dous coches, participará no Campionato Galego de Rally.
Por un lado estarán ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participarán no grupo X da clase 11.
Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa co-piloto Eva Costas Rodríguez que competirán tamén no grupo X pero na clase 12.
Ata Martín se achegaron para apoiar a este novo equipo rosaleiro - entre outros pilotos - Pablo Pazó, que este ano participa no Nacional de Rallyes sobre Asfalto e Pedro Burgo, que o domingo vén de impoñerse co seu Mitshubishi Evo VIII ao campión do Mundo Didier Auriol na final da “Carrera de Campeones – Trofeo Caixanova” que se disputou no recinto do IFEVI con motivo do Racingshow no Salón do Automóbil de Vigo.
O equipo “Sempre ó Corte” quere agradecer publicamente a axuda e implicación do Concello e o seu alcalde Jesús Mª Fernández Portela, ademáis dos seus patrocinadores así como a desinteresada cooperación da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón, a adega Lagar de Cervera, o Bar San Martiño ou a tenda de recambios +EVO.
En definitiva a todos os que fixeron posible a creación deste grupo humano de máis de 25 compoñentes e nesta ocasión a pilotos e particulares que axudaron na presentación e exposición de rally.
Lembramos que o venres no Rosal púidose ver grazas á organización de “Sempre ó Corte” un Ferrari F-50, un Mitshubishi Evo IX e tamén un EVO X, un Ford Sierra Cosworth, un ZX Kit-car, coches clásicos, de car cross, etc..

Ningún comentario:

Publicar un comentario