5 de maio de 2009

A GUARDA

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO DÍA DA NAI ORGANIZADO POLO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

Informa: Recreo Artístico Guardés / A Guarda
O Domingo 3 de maio celebrouse no Recreo o Festival “Dia da Nai 2009”. Desde a dirección do Recreo agradecen a todos os asistentes a súa presenza xa que o día estaba verdadeiramente de irse a gozar do sol pois era o primeiro domingo do ano que verdadeiramente invitaba saír da casa. O salón principal encheuse unha vez máis e iso di moito a favor da organización de calquera evento que se organice no Recreo. Sempre está cheo de xente. O acto transcorreu tal cal estaba programado, moi ameno e tamén moi emotivo, xa que as poesías dedicadas a Nai fixeron que a xente se sentira, moita dela emocionada.
Interpretaron as poesías neste orde: Carmiña, a nena Marta e a súa avóa María Oliva, a moza Sara, a nena Nuria e Anselmo. A música extraordinaria, por parte dos grupos Antorcha, e Algarabía. Maria José, unha vez máis deleitounos coa súa marabillosa voz como solista. Puxeron tamén unha pincelada musical os mozos acordeonistas Seila e Daniel os cales estiveron maxistrais.
Para rematar, o Ballet "Studio 88" do Recreo Artístico Guardés, dirixido por Josué, ofreceu tres bailes os cales interpretaron: as mozas, as pequerrechas e a parella Andrea e Josué.
Destácase a entrega de tres placas conmemorativas a os grupos "Antorcha", "Algarabia" e "Studio 88" por a súa traxectoria cultural ofrecido no Recreo estes últimos cinco anos ofrecendo aempre desinteresadamente as súas actuacións.
Rematouse a festa degustando todos de un anaco de Rosca da Confitería Rogelio (asiduo colaborador neste festival) e un chato de viño doce.
Tamén como en anos anteriores ofreceuse unha flor a cada muller e desta vez a flor veo acompañada dun libro de poesías xentileza da poetisa María Oliva escrito por ela e titulado “Rosas en la arena”.
O Presidente da sociedade na despedida do acto fixo un chamamento a todos os asistentes, non socios, a que se animen a facerse para que o Recreo non desapareza xa que, quéirase ou non, é unha institución no pobo de A Guarda, e como tal debe seguir con vida moitos anos máis e iso só se consigue se hai socios suficientes para aguantar con vida o Recreo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario