13 de out. de 2026

NIGRÁN

Nigrán conmemorará o 90 aniversario de ‘A volta dos nove’ cunha ofrenda floral no Xardín da Memoria  

•  O acto terá lugar este venres, 16 de outubro, ás 13:00 horas, en Panxón, coa participación de familiares das vítimas e aberto á veciñanza.




Infogauda/Nigrán

 O Concello de Nigrán conmemorará este venres, 16 de outubro, o 90 aniversario dos tráxicos asasinatos coñecidos como A volta dos nove, un dos episodios máis cruentos da represión franquista no Val Miñor. O acto, aberto á participación da veciñanza e coa presenza de familiares dos represaliados, celebrarase ás 13:00 horas no Xardín da Memoria de Panxón, onde o alcalde realizará unha ofrenda floral ante o monumento dedicado ás vítimas.  

 A homenaxe lembrará os nove veciños do Val Miñor fusilados o 15 de outubro de 1936, cinco deles de Panxón, nun episodio de violencia e represalia vinculado aos sucesos acontecidos o día anterior en Sabarís. Naquel momento, as forzas sublevadas asaltaron a casa dos irmáns republicanos coñecidos como ‘Os Ineses’, un operativo no que morreron os dous irmáns, a súa asistenta, Dolores Samuelle, e un dos falanxistas participantes.

 Horas despois, os partidarios do golpe de Estado acudiron á prisión do Frontón, en Vigo, de onde sacaron nove veciños do Val Miñor que permanecían detidos. Trasladáronos ata a curva da Bombardeira, en Baiona, onde foron fusilados como represalia polos acontecementos de Sabarís.  

 A memoria daqueles nove asasinados permaneceu viva durante décadas a través dun xesto de resistencia silenciosa: a aparición de nove cruces pintadas na curva da Bombardeira. Durante máis de 40 anos, as cruces foron borradas en numerosas ocasións e as autoridades trataron de identificar as persoas responsables de debuxalas, pero sempre volvían aparecer. Aquel símbolo converteuse así nunha expresión persistente da memoria das vítimas fronte ao esquecemento e á represión.

 Na actualidade, o lugar conserva as nove cruces, agora impresas, como recordo do sucedido e como espazo de memoria colectiva.  

 A homenaxe institucional en Nigrán terá como escenario o Xardín da Memoria de Panxón, inaugurado en 2016. O espazo conta cunha escultura de pedra con nove cruces, unha por cada vítima, e varias placas conmemorativas que lembran os asasinados, as súas mulleres e tamén Dolores Samuelle, represaliada por axudar aos ‘Ineses’.  

 Coa celebración deste acto, o Concello de Nigrán busca manter vivo o recordo das vítimas e transmitir ás novas xeracións a memoria dun episodio que marcou a historia do Val Miñor, reivindicando a dignidade dos represaliados e o compromiso colectivo coa memoria democrática.

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez recebe comitiva de Säcele (Roménia)  

•  Visita esteve enquadrada num programa de intercâmbio de boas práticas  


A comitiva foi recebida nos Paços do Concelho pelos Vereadores Carlos Taveira e Marlene Barros, acompanhados por diversos técnicos e chefes de divisão, numa partilha de histórias sobre o território

Foto: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez recebeu a visita de uma comitiva de Säcele, na Roménia, liderada pelo Presidente do município romeno, localizado no distrito de Brasov, na região da Transilvânia.  

 O encontro, promovido pela EPRALIMA – Escola Profissional do Alto Lima, esteve integrado no programa de intercâmbio de boas práticas nas áreas da regeneração urbana e desenvolvimento de espaços culturais e de lazer.  

 A comitiva foi recebida nos Paços do Concelho pelos Vereadores Carlos Taveira e Marlene Barros, acompanhados por diversos técnicos e chefes de divisão, numa partilha de histórias sobre o território.  

 A visita pretendeu promover a troca de experiências e de boas práticas entre os dois municípios, e surgiu no âmbito da implementação de um projeto de regeneração urbana, destinado ao desenvolvimento de equipamentos culturais e de lazer, num bairro residencial, no município romeno.  

 Para isso, a comitiva participou em reuniões técnicas e visitas de estudo, permitindo conhecer as estratégias de regeneração urbana, reabilitação do património, qualificação do espaço público e desenvolvimento de infraestruturas culturais e de lazer, implementadas pelo Município de Arcos de Valdevez.  

 O encontro na Câmara Municipal contou com a presença de técnicos do município arcuense e de elementos da EPRALIMA, numa colaboração ativa e próxima, contribuindo para a partilha de conhecimentos e estratégias de desenvolvimento dos territórios. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez assinalou o Dia Internacional da Geodiversidade   


A coleção permanente de minerais é uma generosa doação do Dr. José Silva Ferreira, que continua a aumentar o espólio disponível para o público

Foto: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez celebrou o Dia Internacional da Geodiversidade, com uma palestra e novas amostras na exposição permanente “Minerais e Rochas – Coleção Silva Ferreira”, nas Oficinas de Criatividade Himalaya/Centro de Ciência Viva dos Arcos.  

 As sessões foram acompanhadas pelo Presidente da Câmara Municipal, Olegário Gonçalves, que salientou a importância da ciência no território, reforçando o compromisso municipal no apoio e dinamização de programas e eventos científicos.  

 O dia ficou marcado pela conferência "Os minerais no contexto da geodiversidade", de José Brilha, da Universidade do Minho, que ajudou a compreender melhor o fascinante mundo dos minerais e a sua ligação ao nosso quotidiano.  

 Logo de seguida foi inaugurada a exposição “Tesouros da Terra III”, que deu a conhecer novas amostras de minerais, e que passam a integrar a exposição “Minerais e Rochas – Coleção Silva Ferreira”.  

 De realçar que a coleção permanente de minerais é uma generosa doação do Dr. José Silva Ferreira, que continua a aumentar o espólio disponível para o público, permitindo que escolas, instituições e público em geral possam conhecer, de perto, a inúmera variedade de minerais, recolhidos nos quatro cantos do mundo.

ARCOS DE VALDEVEZ

Jovem arcuense lança “Click de Emoções”  


O Presidente da Câmara, Olegário Gonçalves, marcou presença no evento, enaltecendo a coragem da autora em concretizar um sonho
Fotos: MAdeV
A Biblioteca Municipal Tomaz de Figueiredo acolheu a apresentação do livro “Click de Emoções”, de Liliana Florêncio

Mónica Mota Lopesa/Arcos de Valdevez

 A Biblioteca Municipal Tomaz de Figueiredo acolheu a apresentação do livro “Click de Emoções”, de Liliana Florêncio. A obra é a estreia da jovem arcuense na escrita e reúne diversos textos sobre amor, dor, esperança e desilusão, entre outros.  

 O Presidente da Câmara, Olegário Gonçalves, marcou presença no evento, enaltecendo a coragem da autora em concretizar um sonho, sublinhando que Arcos de Valdevez é um território onde a arte e a cultura têm um destaque especial.  

 A apresentação juntou a família, amigos e conhecidos de Liliana Florêncio, num momento de partilha de emoções e de abraços recheados de orgulho, embalados pela atuação de dois jovens alunos do Conservatório de Artes de Valdevez.

VALGA

Mulleres FEMUPO, mulleres que fan Camiño” chega a Valga cun faladoiro de Mulleres Rurais Albor 

•  O Auditorio Municipal de Valga acollerá este martes, 13 de outubro, ás 18:30 horas, a presentación da exposición itinerante e un encontro con integrantes da Asociación de Mulleres Rurais Albor de Valga, recoñecida nos Premios Mulleres FEMUPO.



Raquel Touriño/Valga

 A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) continúa o percorrido do proxecto “Mulleres FEMUPO, mulleres que fan Camiño” cunha nova parada en Valga, onde a exposición permanecerá instalada durante unha semana grazas á colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Albor de Valga. 

 O acto de presentación terá lugar este martes, 13 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio Municipal de Valga e contará cun formato especialmente participativo. Ademais de presentar o proxecto e a exposición, celebrarase un faladoiro con integrantes de Mulleres Rurais Albor, no que compartirán a súa experiencia, a traxectoria da asociación e o significado de formar parte dos referentes recoñecidos polos Premios Mulleres FEMUPO. 

 O encontro permitirá achegarse ás historias das protagonistas desde unha perspectiva máis persoal, poñendo voz ás mulleres que están detrás dos recoñecementos e facendo visible o valor do asociacionismo feminino no territorio e de referentes próximos que tamén abren camiño. 

 Un dos principais obxectivos de “Mulleres FEMUPO, mulleres que fan Camiño” é demostrar que os referentes femininos non teñen por que ser figuras afastadas ou coñecidas a nivel nacional. Nas vilas, nos barrios e no rural existen mulleres que, co seu traballo diario, a súa participación social e a súa capacidade para organizarse, están contribuíndo a transformar as súas comunidades. 

 Neste sentido, o paso do proxecto por Valga adquire un significado especial ao contar coa participación directa dunha entidade local recoñecida nos Premios Mulleres FEMUPO. 

 “Poñer ás mulleres referentes no foco é un gran paso. Pero é aínda máis importante cando podemos escoitar as súas propias voces, coñecer como foi o seu camiño e descubrir que os referentes tamén están moi preto de nós”, indican desde FEMUPO. 

 A exposición itinerante está composta por sete paneis: un primeiro panel de presentación do proxecto, cinco paneis correspondentes ás edicións dos Premios Mulleres FEMUPO de 2022 a 2026 e un último panel con códigos QR que permiten acceder a vídeos e outros contidos dixitais. 

 A mostra recolle mulleres, colectivos e entidades recoñecidas en ámbitos como a cultura, o deporte, a empresa, a administración e o asociacionismo, permitindo descubrir traxectorias moi diferentes pero unidas pola súa capacidade para abrir camiño e converterse en inspiración para outras persoas. 

 A exposición permanecerá en Valga durante unha semana, achegando á cidadanía este percorrido polos referentes femininos da provincia de Pontevedra. 

 O proxecto percorre diferentes concellos vinculados ao Camiño Portugués e ao Camiño Portugués pola Costa, combinando a exposición con obradoiros, encontros e actividades participativas. 

 A iniciativa traballa arredor da igualdade, dos referentes femininos, da participación cidadá e tamén do coidado do patrimonio natural e cultural do Camiño de Santiago. 

 Desde FEMUPO agradecen especialmente a colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Albor de Valga, tanto para facer posible a presenza da exposición no municipio como pola súa implicación no faladoiro do martes.

PONTEVEDRA

Cultura e medio rural 

O Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais chega á provincia de Pontevedra con cinco proxeccións en Meaño, A Guarda e Ribadumia 

• A programación provincial comeza o 15 de outubro, Día Internacional das Mulleres Rurais, cunha proxección en Dena, no concello de Meaño 

• A iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación desenvolverase entre o 15 de outubro e o 15 de novembro en 530 localidades de toda España 

• As cinco sesións programadas na provincia achegan ao público historias e realidades das mulleres no medio rural a través do cine 




Infogauda/Pontevedra

 A provincia de Pontevedra acollerá cinco proxeccións da IX edición do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación entre o 15 de outubro e o 15 de novembro. Meaño, A Guarda e Ribadumia son as tres localidades pontevedresas que participan este ano nesta iniciativa, que achega ao público historias, experiencias e realidades das mulleres rurais a través do cine. 

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, destacou que este ciclo “contribúe a facer visibles, a través da cultura, as experiencias e as múltiples realidades das mulleres que viven e traballan no medio rural”. Losada explicou que a provincia está presente nesta edición con cinco proxeccións en tres concellos, e animou a cidadanía a achegarse a unha programación “que pon o foco nas mulleres rurais desde miradas diversas e afastadas dos estereotipos”. 

 A programación na provincia comezará este xoves, 15 de outubro, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Rurais, coa proxección de La buena suerte, de Gracia Querejeta, ás 20.00 horas en Dena, no concello de Meaño. A mesma localidade acollerá o 19 de outubro, tamén ás 20.00 horas, Lo que queda de ti, de Gala Gracia. 

 O ciclo continuará o 23 de outubro na Guarda, ás 20.30 horas, con Bodegón con fantasmas, de Enrique Buleo. Esta mesma película proxectarase en Ribadumia o 8 de novembro, ás 19.00 horas. A programación na provincia pecharase o martes, 13 de novembro na Guarda, ás 20.30 horas, con La buena letra, de Celia Rico. 

 A novena edición do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais chegará este ano a 530 localidades de todo o país, cun total de 1.097 proxeccións e 461 actividades. A programación presencial está integrada por 12 títulos do cine español recente que sitúan as mulleres rurais no centro das súas historias e ofrecen diferentes perspectivas sobre a súa realidade. 

 O ciclo complétase cunha mostra en liña gratuíta, dispoñible do 17 ao 31 de outubro en España e en 13 países de América Latina e o Caribe, cunha selección de 13 longametraxes e curtametraxes. 

VILA NOVA DE CERVEIRA

Palco das Artes de Vila Nova de Cerveira recebe XXIX Gala dos Troféus Desportivos “O Minhoto”  


Palco das Artes de Vila Nova de Cerveira
Foto: MVNdeC

Irene Pinheiro/Vila Nova de Cerveira

 O Palco das Artes de Vila Nova de Cerveira, inaugurado em abril de 2024, é o espaço escolhido para acolher a XXIX Gala dos Troféus Desportivos “O Minhoto”, que terá lugar no próximo dia 23 de novembro. A realização deste evento num dos mais relevantes equipamentos públicos do concelho reforça a capacidade de Vila Nova de Cerveira para acolher iniciativas de dimensão regional, num espaço que alia a modernidade, a versatilidade e a valorização da identidade local.  

 Considerada uma das maiores apostas de sempre do Município de Vila Nova de Cerveira em matéria de equipamentos culturais, a construção do Palco das Artes representou um investimento global próximo dos quatro milhões de euros. O projeto nasceu da vontade de conjugar dois elementos distintivos do território - a arte e a beleza natural -, criando um espaço de excelência para a fruição cultural, enquadrado por uma paisagem singular e pela presença permanente do rio Minho.  

 Com capacidade para acolher mais de 400 pessoas, o equipamento oferece condições de conforto e acessibilidade, incluindo espaços destinados a pessoas com mobilidade condicionada. A sua localização beneficia ainda da proximidade de uma ampla oferta de estacionamento, facilitando o acesso dos participantes e convidados.  

 A escolha deste espaço para a XXIX Gala dos Troféus Desportivos “O Minhoto” constitui, assim, uma oportunidade para dar a conhecer um dos equipamentos estruturantes do concelho, colocando-o ao serviço de uma iniciativa que celebra o mérito, a dedicação e o contributo de todos os que integram o fenómeno desportivo da região.  

 Na noite de 23 de novembro, serão atribuídos cerca de 30 troféus, resultantes de um processo de seleção desenvolvido em três fases distintas por um júri composto por mais de uma centena de elementos. O modelo de avaliação procura assegurar uma apreciação abrangente do mérito desportivo, reconhecendo percursos, resultados e contributos relevantes para o desenvolvimento do desporto na região.  

 Promovidos pela Associação “A Nossa Terra”, os Troféus Desportivos “O Minhoto” distinguem atletas, clubes, dirigentes, treinadores e outros agentes desportivos dos concelhos do Minho, abrangendo os distritos de Braga e Viana do Castelo. Com um universo de referência de cerca de 50 mil pessoas ligadas ao desporto, esta iniciativa assume-se como um momento de reconhecimento e valorização do trabalho desenvolvido pela comunidade desportiva minhota.  

 A XXIX edição dos Troféus Desportivos “O Minhoto” é organizada conjuntamente pela Associação “A Nossa Terra” e pelo Município de Vila Nova de Cerveira, reafirmando a importância da cooperação institucional na promoção do desporto e na valorização dos agentes que contribuem para o dinamismo e a identidade do território. 

TOMIÑO

Tomiño reivindica o valor das traídas veciñais como modelo de xestión da auga para o rural galego 

• A alcaldesa, Sandra González, compartíu na Coruña a experiencia municipal de apoio ás 36 comunidades de augas que abastecen o 85% da poboación e reclamou unha lexislación adaptada á realidade territorial 


A alcaldesa de Tomiño participou en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) nun encontro con especialistas do ámbito universitario, xurídico e da xestión da auga
Foto: CdeT

Infogauda/Tomiño

 O modelo de xestión comunitaria da auga de Tomiño protagonizou a intervención da alcaldesa, Sandra González, no seminario Retos lexislativos para a auga urbana, celebrado o pasado venres na Fundación Paideia da Coruña. A rexedora participou en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) nun encontro con especialistas do ámbito universitario, xurídico e da xestión da auga, no que reivindicou o papel das traídas veciñais e a necesidade de adaptar a normativa ás particularidades do rural galego. 

 En Tomiño, o 85% da poboación abastécese a través de 36 traídas veciñais, un modelo de autoxestión que leva décadas garantindo o subministro ás vivendas do rural. O Concello mantén unha liña de colaboración continuada con estas comunidades, cunha planificación plurianual de axudas para a mellora de captacións e depósitos, o financiamento das analíticas obrigatorias, os sistemas de cloración e a adaptación á normativa sanitaria. A estas medidas súmase o impulso á dixitalización mediante ferramentas de telexestión e contadores intelixentes. 

 «As traídas veciñais son moito máis que unha infraestrutura de abastecemento. Son un exemplo de organización comunitaria, de responsabilidade colectiva e de compromiso co territorio. En Tomiño entendemos que apoiar estas comunidades é apoiar un modelo que funciona, que forma parte da nosa identidade e que merece ser recoñecido polas administracións», destacou Sandra González. 

 Esta aposta municipal tamén permitiu establecer alianzas e compartir experiencias con especialistas e delegacións técnicas de países como Irlanda, Escocia e Austria, arredor de modelos de gobernanza comunitaria da auga. 

Un modelo fundamental para Galicia 

 Durante a súa intervención, a alcaldesa lembrou que as traídas veciñais abastecen arredor do 24% da poboación galega, unha porcentaxe que ascende ao 33% na provincia de Pontevedra, onde existen aproximadamente 1.600 comunidades de augas. Unha realidade que, segundo advertiu, continúa sen contar co recoñecemento e acompañamento institucional necesarios. 

 González puxo o foco nas dificultades que afrontan estas entidades, xestionadas de maneira voluntaria pola veciñanza, con obrigas administrativas e sanitarias cada vez máis complexas e custos que poden alcanzar os 6.000 euros anuais só nas analíticas obrigatorias. Neste sentido, reclamou unha maior cooperación entre administracións, apoio técnico e económico e unha simplificación dos procedementos. 

 «Durante décadas, os veciños e veciñas chegaron onde non chegaban as administracións. Construíron, mantiveron e xestionaron as súas propias redes de abastecemento, e agora temos a responsabilidade de garantir que poidan seguir facéndoo con seguridade e cos recursos necesarios», sinalou a rexedora. 

Unha lexislación adaptada ao territorio 

 Como representante da FEGAMP, Sandra González abordou tamén os retos do saneamento nos concellos rurais, onde a dispersión da poboación dificulta a extensión e o mantemento das redes convencionais. Defendeu o recoñecemento da depuración autónoma como unha alternativa válida, con garantías ambientais e apoio técnico, e puxo como exemplo as axudas que ofrece Tomiño para facilitar a legalización destes sistemas. 

 A alcaldesa reclamou ademais maior claridade no reparto de competencias, cooperación institucional e financiamento suficiente para que os concellos poidan afrontar as súas responsabilidades. 

 «O importante non é que todos os territorios teñan as mesmas infraestruturas, senón que todas as persoas, vivan onde vivan, teñan garantido o mesmo dereito a uns servizos de calidade. Necesitamos que a lexislación se adapte ao territorio, e non ao revés», concluíu.

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés remonta para repartirse puntos co Beti nun final polémico (21-21) 

• O equipo baixomiñoto sufriu a visita ligueira do Beti-Onak do pasado sábado, tendo que remontar na segunda parte despois dunha primeira metade chea de imprecisións 

• A segunda parte foi moi superior para as locais, marcada pola defensa baixo paus dunha Sabina Mínguez que contou 10 paradas, así como por unha barreira replegada. O Atlético Guardés chegou a ter case asegurada a vitoria na última acción, pero tivo que conformarse co empate debido a un gol no último segundo que a bancada protestou por un suposto erro arbitral 

• Cacheda e Hauptman mandaron no ataque, con 4 goles cada unha 


Hauptman forzou os sete metros coa súa penetración e Serrano non fallou no momento clave
Fotos: SportCoeco
Rosane Serrano lanzando un tiro de sete metros
Membros da Pena O Inferno expresando súa protesta deica os colexiados


Redacción Deportes/A Guarda

 O Atlético Guardés volve sufrir, aínda que esta vez puido sacar algo en claro. As de José Ignacio Prades repartíronse puntos co Replasa Beti-Onak na quinta xornada ligueira do pasado sábado na Sangriña, resultado ao que chegaron despois dunha remontada que partiu de seis goles de desvantaxe ao descanso (9-14). Unha segunda parte maxistral practicamente asegurou a vitoria para as anfitrioas, aínda que os colexiados decretaron que o gol no segundo final de Mariana Costa foi válido e as galegas deben conformarse co empate (21-21), aínda que seguen invictas e nos primeiros postos da táboa. Mínguez foi protagonista con 10 paradas no segundo tempo.  

 O Atlético Guardés comezou con moitas dificultades especialmente para exceder a replegada defensa rival. Non lle gustou nada a José Ignacio Prades a cara que mostraron as súas nos primeiros minutos, acumulando perdas de balón practicamente en cada ataque para obrigar ao técnico para pedir o tempo morto con apenas tres tiros a porta (2-5, min. 11).  

 A chamada de atención non forneceu, con todo, demasiado efecto, pois a ofensiva local continuaba moi imprecisa e tivo que esperar á primeira oportunidade de Rosane Serrano desde os sete metros para volver anotar (3-6, min. 13). A partir de entón si que pareceu revivir o anfitrión, dándolle máis ritmo aos seus achegamentos á portería de Patri Encinas a partir dun tanto de Silvia Leiras que iniciou o camiño.  

 Superado o ecuador, o Atlético Guardés mostraba claros sinais de recuperación e achegábase por primeira vez, incitando agora a Miguel Etxeberria a parar o tempo (6-7, min. 18). Ana Marín achegara tamén con varios paradas clave, e a dupla Leiras-Gil demostrou unha capacidade notable para reducir as perdas e salvar a distancia que as navarras marcaran ao comezo. 

 Á continuación, Prades probou con Cifuentes e Palomo ao dobre pivote, e a proposta permitiu ás guardesas volver ameazar co empate (8-9, min. 23). Pero as visitantes non o poñerían tan sinxelo e os minutos previos ao descanso foron case fatais, cun 1-5 que noqueó ao equipo baixomiñoto de camiño aos vestiarios (9-14, min. 30). 

 O regreso ao partido tampouco foi sinxelo. Ao Atlético Guardés custoulle volver entrar en calor e recobrar a confianza en si mesmo, polo menos no aspecto ofensivo; pois en clave defensiva xa volvía parecer o mesmo. Os goles reducíronse e o primeiro de cor azul chegou no 38, con Ania Ramos aproveitando a portería baleira (10-15).  

 A partir de aquí comezou a operación remontada, con resultados que non tiñan nada que ver co visto no primeiro período. A palentina volveu aparecer ata dúas veces máis desde o extremo, e uniuse a ela a capitá Cacheda para seguir sumando e asestar un 3-0 froito dunha barreira infranqueable que forzaba ao pasivo todos os intentos das de Villava (12-15, min. 43). Só unha parada de Encinas o mesmo extremo evitou que o desastre fose maior.  

  Sabina Mínguez uniuse á festa e comezou a ser clave para o obxectivo común. A porteira de Mislata chegou a contar 10 paradas, moitas delas seguidas, e foron as súas aparicións en gran medida as responsables de que a dobre exclusión de Solla e Palomo no minuto 51 non fose catastrófica (16-17). Encaixando só tres goles desde o descanso, o Atlético Guardés atopábase agora coa primeira ocasión clara de empatar, en tendencia ascendente e a nove minutos do final. 

 E así asinou as táboas a central lalinense na acción seguinte, aínda que a terceira exclusión e a expulsión consecuente de María Palomo no contraataque deron ao Beti-Onak a ocasión para seguir por diante grazas aos sete metros. Non desistía o Atlético Guardés, que volvía facelo grazas a Cifuentes desde o extremo e poñíase por primeira vez por diante da man de Serrano desde a liña de penalti (20-19, min. 57).  

 Un novo empate a apenas minuto e medio de terminar facía que o rival navarro parase o tempo por última vez para planificar o epílogo (20-20, min. 58). Pero as súas perderon o balón crave na súa seguinte oportunidade e o equipo da Sangriña atopouse con 30 segundos por diante de posesión nos que asegurar os dous puntos. Era agora o de Petrer o que solicitaba parar o crono (20-20, min. 59).  

 Hauptman forzou os sete metros coa súa penetración e Serrano non fallou no momento clave. O Atlético Guardés asegurara os dous puntos, pero pouco durou a alegría, xa que o Beti estivo rápido ao contraataque e Mariana Costa encaixou o gol decisivo na rede de Mínguez sobre a bucina, non sen unha protesta sonora por parte da bancada e do corpo técnico local, que argumentaba unha falta previa non indicada polos colexiados (21-21, final). O mal sabor de boca deixou ao equipo baixomiñoto sen poder celebrar a gran capacidade de reacción demostrada para manter o invicto e levarse un punto importantísimo dun dos duelos máis difíciles da liga. O próximo obxectivo, este mércores en casa do Costa do Sol Málaga, antes de irse a un novo parón internacional.    

Balonmán Atlético Guardés (9+12): Sabina Mínguez (p.), África Sempere (1), Silvia Leiras (1), Blazka Hauptman (3), Aintzane García, Cecilia Cacheda (4), María Palomo (1), Rosane Serrano (3), Cristina Cifuentes (1), Carme Castro (1), Daniela García, Nerea Gil (2), Ania Ramos (4), Sabela Lomba, Noelia Solla e Ana Marín (p.).  

Replasa Beti-Onak (14+7): Mica Casasola (3), Martina Lang (2), Elsa Ventura, Isa Fernández-Agustí (1), Olaia Luzuriaga (p.), Maca Sans (2), Almudena Gutiérrez (5), Kattalin Echegaray (1), Patricia Encinas (p.), Laida Urbitarte (1), Estitxtu Rodríguez, Inés García, Nerea Canas (3) e Mariana Costa (3).   

Marcador cada cinco minutos: 1-3, 2-4, 4-7, 6-8, 8-10, 9-14, 9-15, 11-15, 12-16, 15-17, 17-17, 21-21.   

Árbitros: Oriol Grebol e Miquel Vigo. Amoestaron con tarxeta amarela ao local José Ignacio Prades (adestrador) e excluíron con dous minutos ás locais María Palomo (3) e Noelia Solla (2) e ás visitantes Isa Fernández-Agustí, Maca Sans e Inés García. Expulsaron con tarxeta vermella por acumulación de exclusións á local maría Palomo (min. 55) e con tarxeta vermella directa á visitante Martina Lang (min. 47).  

Incidencias: Partido de quinta xornada da liga Guerreiras Iberdrola, disputado no pavillón municipal da Sangriña.  

9 de out. de 2026

OPINIÓN

“A Porta do Trega”: alguén debería escoitar ás persoas que traballan alí 

•   A falta de aseos, as deficiencias na ventá de atención e a ausencia de medidas para ordenar o tráfico son algunhas das cuestións que o persoal encargado do cobro pola entrada de vehículos ao Monte Santa Trega leva tempo poñendo sobre a mesa.


Vista do posto de cobranza da tasa por acceder ao Monte Santa Trega nos días previos a entrada en servizo da «Porta do Trega»
Fotos: Santiago Baz Lomba

Vista dos módulos vencellados a «Porta do Trega»


Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda

O Monte Santa Trega é un dos enclaves turísticos máis visitados de Galicia e un dos grandes símbolos da Guarda. Cada ano, numerosas persoas achéganse ata este espazo para gozar da súa paisaxe, coñecer o seu patrimonio e descubrir un dos lugares máis representativos da historia e da identidade do Baixo Miño. Porén, detrás da atención aos visitantes existe unha realidade menos visible: a das persoas que traballan diariamente no acceso ao monte e que, segundo veñen manifestando, teñen que desenvolver o seu labor en condicións que precisan melloras.  

 Desde hai décadas, os vehículos que acceden ao Monte Santa Trega están suxeitos ao pagamento dunha taxa. Durante moitos anos, a recadación foi realizada por efectivos da Policía Local. Posteriormente, coa creación do Padroado Municipal Monte Santa Trega, esta función pasou a ser desempeñada por persoal vinculado a este organismo.

 Inicialmente, o traballo realizábase nunha caseta situada á beira da estrada, nun emprazamento que facilitaba a atención aos condutores. Co paso do tempo, tanto a localización como as características construtivas do posto de cobro foron cambiando, ata chegar á creación da denominada «Porta do Trega», concibida como área de recepción de visitantes.  

Un investimento que non resolveu as necesidades do persoal  

 O acondicionamento da área de recepción de visitantes «Porta do Trega» foi unha actuación promovida polo Concello da Guarda e executada pola empresa Zona de Obra. O proxecto contou con Mauro Lomba Martínez como arquitecto e con Hermelindo Martínez González como director da execución material.

 O orzamento da obra ascendeu a 133.587,62 euros, máis o IVE correspondente. No cartel informativo da actuación figuraban a Xunta de Galicia, a través da Presidencia e da Secretaría Xeral para o Turismo, así como a Unión Europea, mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, baixo o lema «Unha maneira de facer Europa». Tamén se incluía a marca Galicia.  

 Transcorrido o tempo desde a realización daquela intervención, persisten, segundo o persoal que presta servizo no lugar, varias carencias que afectan directamente ás condicións de traballo e ao funcionamento do acceso ao monte.  

 A máis básica e urxente é a ausencia de aseos para uso dos traballadores. A pesar de tratarse dun posto no que se desenvolve unha actividade de atención ao público, as persoas encargadas do cobro non dispoñen destas instalacións no seu lugar de traballo. Unha necesidade elemental que, segundo sinalan, continúa sen recibir unha resposta satisfactoria.

Unha ventá, varios problemas e propostas sen atender  

 As dificultades non se limitan á falta de servizos hixiénicos. O persoal tamén vén formulando observacións sobre as características da ventá pola que se atende os vehículos que se deteñen para aboar a taxa de acceso ao Monte Santa Trega.  

 A configuración deste punto de atención condiciona o traballo diario e a comunicación cos condutores. Por iso, os empregados consideran que deberían terse en conta as súas propostas para mellorar a funcionalidade do posto e facilitar a cobranza.  

 Outra cuestión pendente ten que ver coa circulación dos vehículos. Segundo advirten, algúns condutores optan por acceder ao monte polo carril esquerdo da estrada, precisamente aquel polo que descenden os usuarios que regresan á vila. Unha situación que pode xerar conflitos na circulación e que, ao seu xuízo, podería evitarse mediante a instalación dunha barreira mecánica que impedise esa manobra.

 A estas cuestións súmase a necesidade de mellorar a sinalización horizontal. O persoal propón que se pinten marcas na calzada para indicar con claridade onde deben situarse os vehículos e conseguir que se aproximen adecuadamente á ventá de cobro. Unha medida sinxela que facilitaría a atención aos condutores e contribuiría a ordenar o acceso.  

Escoitar a quen coñece o problema de primeira man  

 As persoas que traballan diariamente na «Porta do Trega» coñecen mellor ca ninguén as dificultades que xorden durante a xornada laboral. A súa experiencia directa constitúe unha fonte de información valiosa para detectar deficiencias e formular solucións prácticas, tanto desde o punto de vista das condicións de traballo como da seguridade e da atención aos visitantes.

 Por iso, resulta razoable reclamar que as súas suxestións sexan escoitadas e avaliadas por quen ten a responsabilidade de xestionar este espazo. Non se trata unicamente de introducir melloras nunha infraestrutura turística, senón tamén de garantir que as persoas encargadas do seu funcionamento poidan realizar o seu traballo en condicións axeitadas.  

 A instalación dunha barreira mecánica, a mellora da ventá de atención e a incorporación de sinalización horizontal son actuacións que merecen ser estudadas. Pero hai unha demanda que debería ocupar un lugar prioritario: dotar a «Porta do Trega» duns aseos para uso do persoal.  

 O Monte Santa Trega proxecta unha imaxe de referencia turística e patrimonial da Guarda. Para que esa imaxe se corresponda tamén coa realidade do día a día, cómpre prestar atención a todos os elementos que fan posible a recepción dos visitantes, incluídas as condicións nas que traballan as persoas que os atenden.

 Porque unha infraestrutura pública non se mide unicamente polo investimento realizado ou pola súa aparencia, senón tamén pola súa utilidade e polas condicións que ofrece a quen a utiliza e a quen traballa nela. Na «Porta do Trega», antes de seguir mirando cara aos visitantes, alguén debería escoitar as persoas que están alí cada día.

O ROSAL

O Rosal, A Guarda e Caminha poñen en marcha o proxecto europeo que deseñará a futura Eurocidade da Foz do Minho 

•  Con apoio de fondos FEDER da Unión Europea, o programa traballará ata 2028 na creación das estruturas comúns e na dinamización social e económica do territorio. 

•  Os tres concellos presentaron o vídeo oficial da iniciativa, destacando o río Miño como eixo de unión e non como barreira fronteiriza. 


A sede da Liga de Amigos do Rosal acolleu esta mañá a xornada de lanzamento do proxecto “0554_EURO_FOZ_MINHO - Euro_Foz: Construíndo a Eurocidade da Foz do Miño”

Foto: CdoR

Infogauda/O Rosal

 A desembocadura do río Miño dá hoxe o primeiro paso formal cara á súa integración institucional. A sede da Liga de Amigos do Rosal acolleu esta mañá a xornada de lanzamento do proxecto “0554_EURO_FOZ_MINHO - Euro_Foz: Construíndo a Eurocidade da Foz do Miño”, unha iniciativa transfronteiriza impulsada conxuntamente polos concellos do Rosal, A Guarda e a Câmara Municipal de Caminha co obxectivo de deseñar e asentar as bases xurídicas, administrativas e operativas da futura Eurocidade. 

 O proxecto foi aprobado na sexta convocatoria do Programa de Cooperación INTERREG VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 e conta cunha taxa de cofinanciamento do 75% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Cunha execución prevista ata o 31 de decembro de 2028, a folla de ruta céntrase en superar os atrancos fronteirizos mediante un modelo de gobernanza multinivel pioneiro que traslade a irmandade e os vencellos históricos da veciñanza a un marco formal de xestión compartida de servizos e recursos. 

Cooperación institucional e axenda conxunta 

 Ao longo do seu desenvolvemento, o proxecto Euro_Foz articulará os estatutos da futura Eurocidade, deseñará unha estratexia e plan de scción transfronteirizo e porá en marcha unha axenda cultural común con actividades e mercados sostibles que fomenten a participación cidadá e o desenvolvemento económico sostible en ambas as marxes do río. 

 A apertura institucional reuniu ás alcaldesas e alcalde dos tres municipios implicados: Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal; Liliana Silva, presidenta da Câmara Municipal de Caminha e Isidro Lomba Lorenzo, concelleiro de A Guarda. 

 “Queremos que a Eurocidade da Foz do Miño sexa unha ferramenta para atoparnos, cooperar, compartir e sumar capacidades. Porque o Miño sempre estivo aí. As persoas tamén. A relación entre as dúas beiras tamén. O que estamos facendo agora é darlle unha nova dimensión a ese vínculo. Darlle estrutura. Darlle ferramentas. E, sobre todo, darlle futuro. Porque o Miño non é a fronteira que nos separa. É o río que nos une”, dixo Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal. 

“A fronteira non é o noso límite, a fronteira é a nosa oportunidade.  O río Miño non é o que nos separa, é aquilo que nos une. Queremos unha Eurocidade forte, unida, competitiva e sustentable. Capaz de garantir que os nosos fillos e os nosos netos poidan continuar a vivir, traballar e construír aquí as súas vidas”, afirmou Liliana Silva, presidenta da Câmara Municipal de Caminha. 

 “Cando tres concellos próximos deciden colaborar, non están simplemente sumando os seus recursos: están multiplicando as súas posibilidades.   

 Por iso, proxectos como este, son importantes para o presente, pero tamén deben servir para construír o futuro. E hai unha cuestión que considero especialmente importante: a Eurocidade debe construírse desde as persoas”,  salientou Isidro Lomba, concelleiro de A Guarda. 

 O peche da sesión contou co respaldo estratéxico da administración rexional e autonómica, coas achegas de don Xosé Lago García, subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Trasfronteiriza da Xunta de Galicia. 

Estrea da peza audiovisual: un río que une comunidades 

 Durante a xornada presentouse en primicia o vídeo promocional do proxecto Euro_Foz, unha produción rodada en alta resolución 4K que combina gravación aérea con dron e planos de detalle en terra. A peza realiza un percorrido polos enclaves patrimoniais máis representativos dos tres municipios —como os Muíños do Folón, no Rosal, o Monte de Santa Trega, na Guarda, e a arquitectura manuelina do centro histórico de Caminha— amosando a paisaxe e o dinamismo cotián da súa veciñanza para poñer en valor que o Miño non é un límite que separa, senón o elemento natural que os une. 

 Tras a presentación pública, tivo lugar a constitución e primeira xuntanza do Comité Técnico do proxecto, que inicia así o cronograma de traballo sectorial. 

 O proxecto 0554_EURO_FOZ_MINHO - Euro_Foz: Construíndo a Eurocidade da Foz do Miño está promovido polo Concello do Rosal, Concello da Guarda e Municipio de Caminha. Está cofinanciado nun 75% pola Unión Europea a través de fondos FEDER dentro do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés continúa a liga coa perigosa visita do Beti-Onak 

• O equipo baixomiñoto recibirá este sábado ao Replasa Beti-Onak navarro (19.00 horas) para xogar a quinta xornada ligueira, que chega despois da decepción europea 

• A convocatoria mira con dúbidas a Cobo e Martínez e espera botar man dalgún reforzo xuvenil 

• O Club prepara unha xornada de balonmán baixomiñoto na Sangriña, co partido do Atlético Novás ás 16.30 horas e un desconto no prezo das entradas para os socios de cada un 




Redacción Deportes/A Guarda

 O Atlético Guardés retoma a competición cun novo reto de alta esixencia. As de José Ignacio Prades recibiran este sábado, 10 de outubro, ás 19.00 horas na Sangriña, ao navarro Replasa Beti-Onak para disputar a quinta xornada ligueira, buscando evocar as boas sensacións na competición estatal para deixar atrás a decepción europea. Na convocatoria continúan as dúbidas con María Cobo e Elena Martínez. O club baixomiñoto aliouse co Atlético Novás rosaleiro, que tamén xogará este sábado no mesmo pavillón ás 16.30, para ofrecer descontos do 50% nas entradas de cada partido para os socios do outro. 

 O equipo baixomiñoto chega en busca de recuperar as boas sensacións grazas á competición nacional. A pasada fin de semana foi esixente e á vez decepcionante para as galegas, que non puideron contra o Boden Handboll sueco e caeron nos dous duelos que compoñían a Round 2 da EHF European League (61-54 o marcador global da eliminatoria). Eliminadas xa da competición continental, pero con honras tras aguantar o tipo ata o final ante un rival máis físico e preparado, toca centrarse nunha Liga Guerreiras na que seguen invictas e con ganas de aumentar as súas oportunidades reais. 

 Para iso, deberán superar o impoñente mes de outubro que teñen por diante, que aínda con descansos polo medio tenlles preparadas tres citas ante tres grandes da categoría. O primeiro, o Beti-Onak navarro este sábado, un equipo que sempre puxo en dificultades ás da Guarda e que chega ademais nunha dinámica prometedora para esta tempada. O hándicap engadido para as anfitrioas, as incertezas que aínda rodean á súa convocatoria: barállanse xa as posibles altas de María Cobo e Elena Martínez, fóra de perigo pero con dúbidas sobre a súa dispoñibilidade para o ritmo de partido. Haberá que esperar a este sábado para definir as 16 xogadoras que recibirán ao rival navarro, coa posibilidade de botar man de reforzos xuvenís no caso de que ningunha das dúas valencianas poida reincorporarse. 

 O Replasa Beti-Onak, pola súa banda, chega con ganas de continuar o bo camiño que iniciou fai dúas xornadas. Neste verán, o equipo de Villava apostou pola identidade que nos últimos anos permitiulle crecer mantendo ao groso do seu persoal, fóra das saídas sensibles de Kelly Fonkeng, Aileen Ripa e María Brasil; aínda que a poderosa chegada de Martina Lang está a logralas compensar. Os reaxustes fixéronlle iniciar a liga con dúas derrotas, unha folgada contra o Bera Bera (26-17) e outra máis pelexada ante o Elda (22-24); e foi na terceira xornada cando puido por fin despegar. 

 Dous triunfos de categoría ante o campión actual e o Porriño colocan ás de Miguel Etxeberria na sexta praza, aínda que con aspiracións de seguir escalando. E, igualmente, coa intención de volver poñer en aprietos a un Atlético Guardés que historicamente tivo nas navarras o seu talón de Aquiles. 

 Este sábado, ás 16.30 horas, o pavillón da Sangriña acolle tamén a cuarta xornada da Primeira División Masculina entre o Atlético Novás veciño e o Balonmán Ingenio. Con motivo da dobre cita balonmanística no mesmo espazo, as xuntas directivas de ambos os clubs anfitrións acordaron descontos para os socios do outro: os abonados e socios do Atlético Guardés poderán adquirir as entradas para o duelo do Novás ao 50% do seu prezo orixinal; mentres que os socios rosaleiros terán as entradas para o duelo feminino tamén a metade de prezo. 

José Ignacio Prades: “Independentemente de que sexa un dos favoritos para estar arriba, o Beti traballa moi ben e poñerá un partido complicado” 

 O adestrador do Atlético Guardés, José Ignacio Prades, quixo destacar a boa dinámica na que chega o seu rival. “Nas dúas últimas xornadas, o Beti creceu unha chea e sacou dúas moi bos resultados en Rocasa e contra Porriño”, indica o técnico, o que para el é unha proba dunha tendencia crecente que as navarras veñen buscando nos últimos anos. 

 Para Prades, o club de Villava, “leva uns anos apostando por estar arriba na clasificación, e por persoal e orzamento é un dos favoritos para iso”, explica, aínda que “independentemente diso, traballa moi ben e leva un cantos anos na parte alta e xogou mesmo unha competición europea e unha final de Copa”, conclúe centrándose nos resultados deportivos. Todo un conxunto de factores que, en definitiva, fará que as navarras propoñan “un partido complicado e difícil, onde esperamos que A Sangriña bótenos un cable para sacar estes dous puntos, que son moi importantes aínda que nos atopemos na xornada cinco”. 

AXENDA 

Liga Guerreiras Iberdrola | Xornada 5 

Balonmán Atlético Guardés – Replasa Beti-Onak 

Sábado, 10 de outubro | 19.00 horas | A Sangriña 

Retransmisión en directo pola canle de YouTube do Club Balonmán Atlético Guardés: 

https://www.youtube.com/watch?v=cZ9i4eZ4aMg

DEPORTES

FÚTBOL

O Sporting Guardés busca ante o Erizana C.F. a primeira vitoria da tempada 

 

Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda

 O Campo Municipal da Sangriña será este domingo, 11 de outubro, ás 18:00 horas, o escenario do encontro correspondente á sexta xornada da Primeira Futgal, Grupo 6, que enfrontará o Sporting Guardés e o Erizana C.F. Un duelo entre dous vellos coñecidos no que o conxunto local tratará de estrear o seu casilleiro de vitorias e comezar a endereitar o rumbo dunha tempada que, polo de agora, non está a resultar doada.  

 A situación clasificatoria dos dous equipos reflicte realidades ben distintas. O Erizana C.F., situado na novena posición con sete puntos, presenta un balance de dúas vitorias, un empate e dúas derrotas nos cinco encontros disputados. Uns números que lle permiten afrontar a cita cunha certa tranquilidade, aínda que consciente de que A Sangriña non será un escenario doado.

 Pola súa banda, o Sporting Guardés atravesa un inicio de competición complicado. O equipo da Guarda suma tan só dous puntos, froito dos empates a dous goles fronte ao Gondomar C.F., na Sangriña, e ao Tomiño F.C., no campo do Alivio. Os tres encontros restantes remataron con derrota: 2-1 no campo do UDC Vilaboa; 0-1 na Sangriña ante o C.D. Choco; e 3-1 o pasado domingo no Baltasar Pujales, fronte ao Rápido de Bouzas.  

 Este balance sitúa o conxunto guardés na décimo oitava e última posición da clasificación, unha circunstancia que, sen dúbida, non é a desexada por un club cunha historia e unha traxectoria que merecen aspirar a cotas máis altas.  

 Mais o fútbol sempre ofrece unha nova oportunidade. E este domingo, ante a súa afección e no seu propio campo, o Sporting Guardés terá unha ocasión inmellorable para buscar esa primeira vitoria que lle permita gañar confianza, sumar tres puntos fundamentais e iniciar a remontada na táboa clasificatoria. Non será unha tarefa sinxela, pois enfronte estará un Erizana que tamén terá moito que dicir e que, como é natural, tratará de levar algo positivo da súa visita á Guarda.

 Á marxe dos números e da situación de cada equipo, o encontro contará co atractivo engadido da rivalidade deportiva entre dúas formacións que se coñecen ben desde hai moitos anos. Unha circunstancia que invita a pensar nun partido intenso, disputado e con ese ambiente especial que adoitan xerar os enfrontamentos entre vellos coñecidos.  

 Cómpre agardar, ademais, que os seareiros do Erizana C.F., procedentes de Baiona, acompañen o seu equipo ata A Guarda para alentalo desde as bancadas. Un estímulo máis para que a afección local responda tamén á chamada e faga sentir o seu apoio ao Sporting Guardés nun momento no que cada alento pode resultar importante.  

 En definitiva, o domingo hai algo máis ca tres puntos en xogo para o equipo da Guarda. Está en xogo a oportunidade de comezar a cambiar a dinámica, recuperar sensacións e demostrar que a clasificación actual non ten por que ser un reflexo do que este equipo pode ofrecer.

 A Sangriña agarda. O Sporting Guardés buscará a súa primeira alegría da tempada ante un Erizana disposto a poñerllo difícil. Agárdase un encontro intenso, cunha afección chamada a xogar tamén o seu papel desde as bancadas. Despois, como sempre no fútbol, será o terreo de xogo quen dite sentenza.

CAMINHA

Caminha abre concurso público para vender o ferry-boat Santa Rita de Cássia, situado en A Guarda  


Estampa do Santa Rita de Cássia, un transbordador que non logrou superar as características hidrodinamicas do río Miño que están obstruíndo de area a súa foz.
Foto: MdeC

Ricardo Rodríguez Vicente/Caminha

 O Concello portugués de Caminha abriu un procedemento de poxa pública para a venda do Santa Rita de Cássia, un transbordador que se atopa ao final da súa vida útil e permanece actualmente nos estaleiros da Pasaxe (Camposancos) A Guarda, en Galicia. As persoas e entidades interesadas en adquirir a embarcación poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 27 de outubro de 2026.  

 Segundo a información divulgada pola Câmara Municipal de Caminha, a operación ten carácter oneroso, polo que o alleamento da embarcación se realizará a cambio dunha contraprestación económica.  

 As condicións de participación, así como os requisitos e os procedementos para presentar as ofertas, están recollidos no Programa de Procedemento e no Prego de Condicións, documentación que o municipio puxo á disposición dos posibles interesados.

 Os documentos poden consultarse na páxina oficial do Concello de Caminha, nos servizos de atención municipal, no Centro Coordinador de Transportes de Vila Praia de Âncora e tamén a través da plataforma pública portuguesa Base.gov.pt.  

 A iniciativa abre así o proceso para a saída do patrimonio municipal dunha embarcación que xa chegou ao final da súa vida útil e que se atopa actualmente nas instalacións navais de A Guarda. O prazo para concorrer á poxa permanecerá aberto ata o 27 de outubro, data límite establecida para a presentación das propostas.

CAMINHA

Município de Caminha reforça condições para a prática de remo no Posto Náutico


A intervenção contempla o reforço do sistema de ancoragem da plataforma flutuante através da instalação de um sistema de cabos, bem como a colocação de um degrau rebaixado no bordo da estrutura, permitindo um acesso mais cómodo, seguro e funcional aos praticantes da modalidade

Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 A Câmara Municipal de Caminha está a realizar a empreitada “Fornecimento e Aplicação de Degrau Rebaixado e Reforço do Sistema de Ancoragem da Plataforma Flutuante do Posto Náutico de Caminha”, um investimento de 16.880,80 euros, acrescido de IVA, destinado a melhorar as condições de utilização da infraestrutura pelos atletas que praticam remo.

 A intervenção contempla o reforço do sistema de ancoragem da plataforma flutuante através da instalação de um sistema de cabos, bem como a colocação de um degrau rebaixado no bordo da estrutura, permitindo um acesso mais cómodo, seguro e funcional aos praticantes da modalidade.

 Com esta empreitada, o Município pretende criar melhores condições para o desenvolvimento da atividade desportiva, respondendo às necessidades dos atletas e valorizando as infraestruturas de apoio às modalidades náuticas existentes no concelho.

 A melhoria da acessibilidade e da segurança da plataforma flutuante do Posto Náutico de Caminha representa mais um passo no reforço da aposta municipal no desporto e na promoção de condições adequadas para a prática do remo, uma modalidade com forte tradição e crescente dinamismo no concelho.