9 de out. de 2026

CAMINHA

Caminha abre concurso público para vender o ferry-boat Santa Rita de Cássia, situado en A Guarda  


Estampa do Santa Rita de Cássia, un transbordador que non logrou superar as características hidrodinamicas do río Miño que están obstruíndo de area a súa foz.
Foto: MdeC

Ricardo Rodríguez Vicente/Caminha

 O Concello portugués de Caminha abriu un procedemento de poxa pública para a venda do Santa Rita de Cássia, un transbordador que se atopa ao final da súa vida útil e permanece actualmente nos estaleiros da Pasaxe (Camposancos) A Guarda, en Galicia. As persoas e entidades interesadas en adquirir a embarcación poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 27 de outubro de 2026.  

 Segundo a información divulgada pola Câmara Municipal de Caminha, a operación ten carácter oneroso, polo que o alleamento da embarcación se realizará a cambio dunha contraprestación económica.  

 As condicións de participación, así como os requisitos e os procedementos para presentar as ofertas, están recollidos no Programa de Procedemento e no Prego de Condicións, documentación que o municipio puxo á disposición dos posibles interesados.

 Os documentos poden consultarse na páxina oficial do Concello de Caminha, nos servizos de atención municipal, no Centro Coordinador de Transportes de Vila Praia de Âncora e tamén a través da plataforma pública portuguesa Base.gov.pt.  

 A iniciativa abre así o proceso para a saída do patrimonio municipal dunha embarcación que xa chegou ao final da súa vida útil e que se atopa actualmente nas instalacións navais de A Guarda. O prazo para concorrer á poxa permanecerá aberto ata o 27 de outubro, data límite establecida para a presentación das propostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario