14 de set. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

MANU OCHOA, GAÑA A ÚLTIMA E MÁIS IMPORTANTE COPA DO MUNDO DA TEMPADA


Manu Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, no podio, coa medalla de ouro que logrou na proba de caiac cross
Fotos: Cedidas
Manu Ochoa - no centro - impúxose ao neozelandés Finn Butcher, ao suízo Jan Rohrer e ao italiano Giovanni de Gennaro
O padexeiro tomiñés Manu Ochoa - no centro -, nun momento da disputada regata


Rosa Fernández Carrera/Deportes

 Este domingo rematou na Seu D´Urgell  a última e máis importante Copa do Mundo de Slálom da tempada 2026. Esta proba ten gran relevancia pois con ela empeza a suma de puntos para acadar unha praza directa para as olimpíadas de Los Ángeles 2028.  

 O peche ao evento foi a de caiac cross, na que Manu Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, tiña gañado o seu posto co segundo mellor tempo acadado o xoves na proba individual. Na fase de loitas o tomiñés gañou tódalas probas con superioridade: clasificatorias, octavos, cuartos e semifinais superounas con clara vantaxe sobre o resto dos contendentes. Na baixada de finais, de novo se puxo en cabeza desde a mesma rampla de saída, gañando con claridade por diante do neozelandés Finn Butcher, do suízo Jan Rohrer e o italiano Giovanni de Gennaro.  

 Luís Fernández, dos teixugos, tamén participou, pero na modalidade de canoa ou C1. Luís fixo unha boa baixada, pero catro segundos de penalización por dous toques nas portas, deixárono fora de semifinais, rematando trixésimo sétimo.  

 Tanto Manu como Luís pecharán tempada en quince días no Campionato Europeo a celebrar en Ivrea, Italia.

TUI

Tui aposta pola formación para o emprego cun novo curso de Atención Sociosanitaria no domicilio  

 •  O Concello de Tui colabora con Idades na organización dun curso que combina formación teórica e prácticas en empresa para facilitar o acceso ao mercado laboral  


Foto: CT

Infogauda/Tui

 O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, situado en Guillarei, acollerá do 21 de setembro ao 4 de novembro un curso de “Atención Sociosanitaria no domicilio”, unha iniciativa orientada á formación para o emprego e a facilitar a incorporación ao mercado laboral nun sector que presenta unha elevada demanda de profesionais.  

 O curso está organizado pola empresa Idades, concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Tui, coa colaboración do Concello, e conta con 150 horas de formación, das que 100 serán teóricas e 50 prácticas en empresa, permitindo ás persoas participantes coñecer de primeira man a realidade profesional e adquirir experiencia práctica nun contorno laboral real.  

 A formación desenvolverase de luns a xoves, de 16.30 a 20.30 horas, no Centro Municipal de Formación de Guillarei.  

 Dende o Goberno municipal destacan a importancia de vincular as políticas de formación coas necesidades reais do mercado laboral, especialmente en sectores como o dos coidados e a atención sociosanitaria, que están a experimentar unha crecente demanda de profesionais cualificados.  

 “A formación para o emprego é aquela que ofrece oportunidades reais de incorporación ao mercado laboral. Neste caso, estamos ante unha actividade formativa que responde a unha necesidade concreta: a existencia dunha demanda de profesionais no ámbito da atención domiciliaria. A combinación da formación teórica coas prácticas en empresa é unha metodoloxía extraordinaria porque permite achegar as persoas participantes á realidade do posto de traballo”, sinala Ana Núñez, concelleira de formación e emprego.  

 A iniciativa enmárcase así na aposta municipal por favorecer a formación, mellorar a empregabilidade e facilitar novas oportunidades laborais, aproveitando os recursos municipais e a colaboración con empresas e entidades que coñecen directamente as necesidades dos distintos sectores profesionais.  

 O curso está aberto a mulleres e homes interesados, preferentemente de Tui pero tamén de outros municipios, polo que representa unha oportunidade para aquelas persoas que buscan acceder ao mercado laboral ou reorientar a súa carreira profesional cara ao sector dos coidados.  

 As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden solicitar información e formalizar a súa inscrición a través dos correos enedina@idades.es ou patriciaperez@idades.es, ou no teléfono 986 85 49 96.

VALENÇA DO MINHO

Biblioteca Municipal de Valença promove nova sessão das “Sextas Literárias” com Padre Ricardo Esteves  

 Que apresentará o seu livro “Deixa Deus Entrar – Como a Fé Pode Transformar a Nossa Vida”   


Vitor Salvador/Valença do Minho

 A Biblioteca Municipal de Valença recebe, no próximo dia 25 de setembro, às 21h00, mais uma sessão das “Sextas Literárias”, desta vez com a presença do Padre Ricardo Esteves, que apresentará o seu livro “Deixa Deus Entrar – Como a Fé Pode Transformar a Nossa Vida”.  

 Reconhecido pela sua proximidade e pela forma acessível como aborda a fé e a espiritualidade, o Padre Ricardo Esteves tem vindo a afirmar-se como uma voz de referência junto das novas gerações.  

 A sessão constitui uma oportunidade para descobrir as motivações que estiveram na origem de “Deixa Deus Entrar” e participar numa conversa sobre fé, perdão, amor, família, sofrimento e esperança. Mais do que a apresentação formal de um livro, será um momento de proximidade entre o autor e a comunidade, no qual as palavras, as experiências pessoais e as questões do público possam contribuir para uma reflexão partilhada.  

 O encontro terá lugar no Auditório da Biblioteca Municipal de Valença, constituindo mais uma iniciativa do Município de Valença dedicada à promoção da leitura, da cultura e do encontro entre autores e comunidade.  

 As “Sextas Literárias” assumem-se, assim, como um espaço de partilha e proximidade, trazendo a Valença diferentes autores e personalidades para conversas em torno dos livros, das ideias e dos temas que marcam a sociedade atual.

VALENÇA DO MINHO

Valença promove sessão sobre Serviço Social Hospitalar e Articulação com a Rede Social Local  



Vitor Salvador/Valença do Minho 

 O Município de Valença, em parceria com a Unidade Local de Saúde do Alto Minho (ULSAM), promove, no próximo dia 17 de setembro, uma sessão de informação dedicada ao “Serviço Social Hospitalar e Articulação com a Rede Social Local”.  

 A iniciativa decorrerá na Biblioteca Municipal de Valença, entre as 09h30 e as 13h00, e pretende reforçar o conhecimento e a articulação entre os diferentes parceiros que integram a Rede Social, promovendo uma intervenção cada vez mais integrada e próxima das necessidades da comunidade.  

 A sessão será dinamizada pela Dra. Ângela Sampaio, Assistente Social da ULSAM, EPE, proporcionando um espaço de partilha e reflexão sobre o papel do Serviço Social Hospitalar, os seus mecanismos de intervenção e a importância da articulação com os recursos e respostas existentes ao nível local.  

 Dirigida aos parceiros da Rede Social e a outros profissionais e interessados, a sessão pretende contribuir para o fortalecimento do trabalho em rede.  

 Esta iniciativa insere-se na estratégia do Município de Valença de promover a cooperação institucional, reforçar as redes de proximidade e potenciar uma intervenção social integrada. 

PONTEVEDRA

Rafa Domínguez adianta que as escavacións arqueolóxicas de Santa Clara arroxan achados que sitúan ao convento como pioneiro no mundo 

• Atopouse o cerebro saponificado dunha monxa que se converte no primeiro caso documentado destas características na Península Ibérica e no cuarto do mundo, xa que ata a data soamente apareceron tres semellantes en Arxentina, Chile e Italia 


O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado de membros do equipo de arqueólogos responsable dos traballos, adiantou en conferencia de prensa que as escavacións arqueolóxicas de Santa Clara arroxan achados que sitúan ao convento como pioneiro no mundo
Foto: DPO

Infogauda/Pontevedra

 O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, adiantou en conferencia de prensa que as escavacións arqueolóxicas de Santa Clara arroxan achados que sitúan ao convento como pioneiro no mundo. Deste xeito, o vicepresidente, acompañado do equipo de arqueólogos responsable dos traballos, afirmou que “Santa Clara está a ofrecer moitas respostas pero tamén a abrir moitas preguntas e, como dirixente da Deputación, o noso obxectivo é dar respostas e abrir vías de investigación para que os maiores expertos a nivel internacional poidan implicarse”.

 As principais novidades atopáronse na igrexa, onde apareceron cadáveres de monxas dos que non se conservan case ósos pero si os sudarios e tamén os restos de dous infantes, un deles con zapatos. O máis significativo, tal e como remarcou Rafa Domínguez, é que apareceu un cerebro saponificado que se ten convertido “no primeiro caso documentado destas características na Península Ibérica e nun dous poucos a nivel internacional” xa que, segundo indican os arqueólogos, soamente se atopan tres casos no mundo: en Arxentina, Chile e Italia.

 Ademais, tamén se descubriu o cadáver dun capelán diante do altar con zapatos e a indumentaria completa, “algo excepcional e único”, tal e como subliñou o vicepresidente provincial, xa que, en Galicia, existen un par de casos de téxtiles en contextos arqueolóxicos, como o sudario do relicario de Santa Susana (aparecido na catedral de Santiago) ou os fragmentos do castelo de Pambre, en Lugo, pero non pezas completas, como a casula deste sacerdote ou os sudarios das monxas de Santa Clara.  

 Os traballos arqueolóxicos tamén avanzaron no claustro, onde se seguiu traballando no lugar onde se documentou unha rampla. Nese espazo atopáronse elementos que, segundo trasladan os técnicos, reforzan a idea da existencia de tres alas do claustro nun momento inicial. Por outra banda, documentouse unha nova estrutura rectangular cara o sur do bosque da que, nestes momentos, se descoñece a súa funcionalidade. Neste caso, segundo informou o equipo de arqueólogos que está a desenvolver os traballos, parece ser que podería tratarse dun dos elementos estruturais máis antigos que hai no recinto. Ademais, a nivel de materiais, apareceron xa máis de 3.000 elementos entre os que se atopan restos cerámicos de entre finais do século XIV e XIX, moedas, vidros e pezas líticas.

 As escavacións en Santa Clara entran no último mes de traballo de campo. Trala escavación, “a máis espectacular de Galicia dos últimos tempos e na que estamos investindo máis de 400.000 euros”, tal e como remarcou o vicepresidente Rafa Domínguez, comezará unha nota etapa de catro meses na que se executará o procesado de laboratorio, na que se realizarán analíticas ou, entre outras cuestións, datacións radiocarbónicas para seguir arroxando luz á historia do Convento de Santa Clara e da cidade de Pontevedra.

COOPERACIÓN

A Xunta participa na presentación da Visión Estratéxica 2026–2028 da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para reforzar a cooperación neste territorio 

 O director xeral de Relacións Exteriores e coa EU, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron en Vigo no acto de presentación 


O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron hoxe xunto coa delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, na presentación da Visión Estratéxica 2026-2028
Foto: XG

Infogauda/Vigo

 O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron hoxe xunto coa delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, na presentación da Visión Estratéxica 2026-2028 da Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. No acto tamén participou a directora da AECT, Aldara Vázquez, xunto coa directiva e representantes desta entidade e tamén da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-Norte), o que reflicte o compromiso conxunto de Galicia e do norte de Portugal co afondamento da cooperación e coa construción dunha axenda común para os vindeiros anos.  

 A visión estratéxica ofrece un novo marco de actuación co que se pretende reforzar o papel da cooperación transfronteiriza e consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un espazo común de oportunidades, coñecemento, innovación, competitividade e desenvolvemento. Ademais, estrutura a intervención da AECT en cinco grandes áreas -cultura, turismo, xuventude e emprego transfronteirizo e investigación e competitividade-, consolidando proxectos cun impacto recoñecido e abrindo novas frontes de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal. A sustentabilidade constitúese como unha dimensión transversal a estas cinco áreas, orientando a acción do AECT e dos proxectos que se desenvolvan na Eurorrexión e contribuíndo a un desenvolvemento equilibrado, innovador e preparado para os retos do futuro.  

 Os programas Nortear e Iacobus continúan a desempeñar un papel central, como referencias consolidadas nos ámbitos da cultura e da investigación. A estes dous eixes súmanse agora tres novas liñas de especialización, orientadas a retos e oportunidades con impacto directo no territorio: O Camiño que nos une, Traballar sen fronteiras e Polo de Competitividade.

Unha Eurorrexión máis competitiva e conectada 

 No ámbito do turismo, O Camiño que nos une aposta polo reforzo da cooperación arredor do Camiño Portugués da Costa, poñendo en valor o patrimonio, a cultura, a paisaxe e a memoria dos territorios e potenciando a súa proxección internacional, particularmente de cara ao Xacobeo 2027.  

 Traballar sen fronteiras sitúa a xuventude e a mobilidade profesional no centro da cooperación. A iniciativa pretende achegar as novas xeracións ás oportunidades de emprego e formación existentes ao outro lado da fronteira, a través de contidos dixitais, encontros presenciais e unha maior difusión dos recursos proporcionados polo EURES Transfronteirizo.  

 Pola súa banda, o Polo de Competitividade pretende crear unha plataforma de cooperación máis estreita entre administracións públicas, empresas, universidades e centros tecnolóxicos, promovendo novas alianzas, a captación de investimento e unha visión compartida para o reforzo da competitividade da Eurorrexión, con especial atención á industria, ás tecnoloxías duais, á innovación e ás infraestruturas estratéxicas.  

 O obxectivo é que a Eurorrexión sexa cada vez máis recoñecida como un espazo de oportunidades e cooperación efectiva, convertendo as capacidades de Galicia e do Norte de Portugal en proxectos e iniciativas concretas que impliquen institucións, empresas, universidades e centros tecnolóxicos.  

 Esta visión permitirá reforzar o papel do AECT como espazo de coordinación transfronteiriza, facilitando a colaboración entre os diferentes axentes de Galicia e do Norte de Portugal e facendo que esa cooperación se traduza en proxectos e resultados concretos. Así, a Eurorrexión poderá seguir avanzando como un espazo de coñecemento, innovación, investimento, emprego e novas oportunidades.

ARCOS DE VALDEVEZ

Paço de Giela transformou-se numa passerelle para acolher desfile da “Namora” 


O evento contou com a participação da Associação Arte Dança – Dane Fuel, que abriu o desfile
Foto: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez 

 O magnífico Paço de Giela foi o cenário escolhido para a apresentação da nova coleção da “Namora”, numa tarde cheia de cor, originalidade e muito glamour.  

 A Vice-Presidente da Câmara Municipal, Emília Cerdeira, acompanhou o desfile, reforçando a proximidade às empresas locais, e promovendo a dinamização da economia do território.  

 Criada por Inês Sá Guedes, a marca de vestuário feminino tem design e confeção próprios, celebrando a singularidade de cada mulher.  

 O evento contou com a participação da Associação Arte Dança – Dane Fuel, que abriu o desfile, familiares, amigos e muitos populares, num encontro perfeito entre a nossa história e a moda em Arcos de Valdevez.

12 de set. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés continúa a súa exhibición e suma por segunda vez (16-26) 

O equipo baixomiñoto volveu ser superior este sábado na segunda xornada ligueira, deixando sen opcións a un Balonmán Morvedre que segue sen puntuar a pesar de levar ás de Prades ao extremo  

O inicio foi igualado ata que as guardesas conseguiron romper o partido a base dunha defensa que non cedeu un milímetro, abrindo un oco cara ao descanso que mantiveron ata o final 


Noelia Solla enviando á bóla á porta do Morvedre
Foto: Dani Arroyo

Redacción Deportes/Sagunto

 O Atlético Guardés estende o seu brillante inicio ligueiro. Este sábado, as de José Ignacio Prades volveron a sacar o máximo beneficio do seu partido de segunda xornada nunha visita a un Balonmán Morvedre que continúa sen puntuar. Con todo, as de Cristina Cabeza ofreceron unha resistencia que mantivo a tensión alta durante todo o partido, obrigando ás guardesas para manter a intensidade ao límite a pesar do folgado das distancias no marcador a partir do descanso (8-13; 16-26 o final). Rosane Serrano volveu ser máxima goleadora, esta vez con 5 tantos, destacando tamén a defensa da portería de Ana Marín e a fiereza defensiva de Noelia Solla e Blazka Hauptman.  

 O Atlético Guardés saíu á pista coa mesma fórmula que lle deu a vitoria o pasado mércores na Sangriña, baseando o seu enfoque no partido nunha sólida defensa a partir da que construír todo o demais. O mesmo pensara, con todo, Cristina Cabeza, e os minutos iniciais foron de máxima igualdade, cos ataques de ambos os bandos chegando ao aviso de pasivo en case todas as ocasións e con poucos goles subindo ao luminoso (5-5, min. 10). Por cada agresión visitante, o local respondía; e viceversa, deixando o partido bloqueado no seu comezo. 

 Foi cara ao minuto 13 cando a falta de definición comezou a asoballar a un Morvedre que prometía un encontro de mínimos ata o momento. O Atlético Guardés aproveitouse alén de varios erros para recuperar balóns que transformou na primeira vantaxe ao seu favor dun encontro no que xa non volvería estar por baixo (5-7, min. 15).  

 A partir de aí o equipo baixomiñoto mantivo a cabeza alta para aguantar o aluvión de intentos de recuperación local que non cesou en ningún momento. Pero a fiereza defensiva de Noelia Solla, Blazka Hauptman ou María Palomo marcou a diferenza e anulou por completo a unha ofensiva rival que o intentou por todos os medios. A diferenza de efectividade tampouco traía boas noticias para as locais, e ao descanso a renda xa era importante (8-13, min. 30). 

 A segunda metade do duelo continuou coa mesma dinámica, aparecendo ademais agora momentos de lucidez no contraataque baixomiñoto que abriron aínda máis a ferida. Aintzane García fíxose con varios balóns que transformou desde o extremo (4 en total) e Rosane Serrano volveu ofrecer unha exhibición goleadora similar á do pasado mércores, tanto en xogo como desde os sete metros, para anotar outros 5 que avultaron un marcador guardés que non deixaba de afastarse. O de Sagunto, pola súa banda, tivo que esperar case dez minutos para volver ver o seu marcador aumentar de número, deixando entrever claros problemas ofensivos e de efectividade que farían unha madeixa fatal nos seguintes instantes. 

 Tampouco o ataque a 7 funcionou para as de Cabeza, véndose impedido polas exclusións consecutivas de Lilly Törok e Remei Gallart, dúas inferioridades que o da Sangriña non perdeu tempo en aproveitar. A pesar do folgado do luminoso, que se mantivo nos 10 goles de distancia desde o último cuarto ata o final (10-20, min. 45), a tensión non baixou en ningún momento, pois o Morvedre ofrecía unha intensidade que esixía ser igualada para non arrebatar o ritmo. Pero as de José Ignacio Prades pasaron a proba e aguantaron o tipo para, por segundo encontro consecutivo, levarse os dous puntos cunha actuación sobresaliente. O próximo reto, Elxe en O Inferno o vindeiro mércores (20.30 horas).  

José Ignacio Prades: “A clave foi manter a regularidade defensivamente” 

 O adestrador do Atlético Guardés, José Ignacio Prades, definiu o deste sábado como un partido “complexo de afrontar”, como todos os que son fóra de casa “pola viaxe, e porque non hai ningunha pista doada”. O rival, para o de Petrer, “é un equipo moi ben traballado e que estivo moi ben durante a pretemporada”, aínda que as súas souberon “entrar e aguantar un bo ton físico e, sobre todo, un gran nivel defensivo desde o principio e durante case todo o partido”. Esa é a que o técnico identifica como a clave, a “regularidade defensiva” para conseguir dous puntos que son “moi importantes para seguir traballando, xa que isto non fixo máis que empezar e fai falta mellorar moitos aspectos para chegar ao nivel de xogo que realmente queremos”. Como elemento positivo a destacar, ademais, subliñou o feito de que o equipo está moi equilibrado e todas as súas xogadoras están a achegar, como reflicte a acta deste encontro na que se viron goles de todas as xogadoras de campo.    

C. BM Morvedre (8+8): Martina Català (2), Marta Regordán, Martina Mazza, Ángela Alpuente, Remei Gallart, Lilly Törok (2), Andrea Pérez (2), Sandra Radovic (2), Sara Palanqués (1), Daniela Pinto (p.), Andrea Claramonte (1), Rebeca Secades (p.), Lucía Gámez (3), Lucía Julve (2), Suhana Bayonas e Andrea Palomero (1). 

Balonmán Atlético Guardés (13+13): Sabina Mínguez (p.), Silvia Leiras (1), Blazka Hauptman (3), Aintzane García (4), Cecilia Cacheda (2), María Palomo (2), Rosane Serrano (5), Elena Martínez, Cristina Cifuentes (1), Carme Castro (2), Daniela García (1), Nerea Gil (1), Ania Ramos (2), Noelia Solla (2) e Ana Marín (p.).  

Marcador cada cinco minutos: 2-2, 5-5, 5-7, 6-9, 7-11, 8-13, 8-15, 9-18, 10-20, 12-21, 13-23, 16-26. 

Árbitros: Irene Santos e Marta Saborido. Excluíron con dous minutos ás locais Lilly Törok (2), Remei Gallart (2) e Lucía Julve e ás visitantes María Palomo e Noelia Solla. 

Incidencias: Segunda xornada da liga Guerreiras Iberdrola 2026/2027, disputada no pavillón René Marigil, de Sagunto. 

A GUARDA

A Guarda prepárase para o día grande do Monte Santa Trega: fe, solemnidade e tradición no Baixo Miño 


Un momento da procesión de Santa Trega, na edición precedente
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda

 O vindeiro 23 de setembro de 2026, o emblemático Monte Santa Trega volverá converterse no epicentro neurálxico da devoción e a tradición na comarca do Baixo Miño. A Guarda ultima xa os preparativos para celebrar a súa histórica romaría, unha cita ineludible que cada ano congrega a centos de fieis e visitantes nun dos escenarios máis espectaculares de Galicia, onde conflúen a maxestade do Atlántico e a desembocadura do río Miño.

Ampla axenda litúrxica coa presenza do bispo

 Os actos relixiosos na ermida do cumio arrincarán dende primeiras horas da mañá para acoller aos romeiros máis madrugadores. O programa recolle a celebración de varias misas rezadas, que terán lugar ás 8:00h, 9:00h e 10:00h.

 O momento central da xornada viviráse ás 11:00h coa misa solemne. Este ano, a celebración contará cun marcado carácter institucional e eclesiástico ao estar presidida polo bispo da diocese de Tui-Vigo, don Antonio José Valín Valdés. Acompañando a solemnidade do oficio, o recoñecido artista Antonio Barros será o encargado da parte musical, poñendo voz a unha liturxia que promete ser de gran emoción. Ao remate da eucaristía, sucederanse a ofrenda e a tradicional procesión coa imaxe da santa arredor da contorna do santuario.

Poxa de froitos e a gran tarta monumental

 Máis alá do fervor relixioso, a xornada do 23 de setembro recuperará o herdo das súas costumes máis populares e arraigadas. Tralo percorrido procesional, o púlpito ao aire libre acollerá a tradicional poxa de froitos, unha poxa pública de produtos locais cuxos beneficios se destinan ao mantemento do propio santuario.

 Como broche de ouro festivo e gastronómico a este día de encontro veciñal, a organización levará a cabo o esperado sorteo dunha monumental tarta con regalo sorpresa, un dos grandes atractivos populares que pechará unha xornada de profunda identidade guardesa no alto do Trega.

GALICIA

O Parque Nacional das Illas Atlánticas recolle preto de 8.400 sementes autóctonas para consolidar a restauración dos hábitats insulares 

 A recollida de sementes constitúe unha das fases máis importantes do proceso de recuperación, xa que permite dispoñer de material xenético adaptado ás condicións ambientais das propias illas


Bagas de acivro
Foto: Infogauda

Infogauda/Galicia

 O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia continúa avanzando na recuperación dos seus ecosistemas terrestres mediante un programa de recollida e conservación de sementes de especies forestais autóctonas destinado á restauración de hábitats insulares.  

 Así, durante a campaña de 2025 obtivéronse un total de 8.386 sementes viables, procedentes de 4.656 froitos de sete especies arbóreas e arbustivas de gran valor ecolóxico, que serán destinadas á produción de planta autóctona para actuacións de restauración ambiental.  

 Cómpre lembrar que o Parque Nacional desenvolveu intensos traballos de eliminación e control de especies invasoras -eucalipto e acacia negra, entre outras-, xerando novas oportunidades para recuperar a vexetación propia dos ecosistemas atlánticos. Con todo, a rexeneración natural non sempre é suficiente para restablecer a biodiversidade orixinal, polo que a restauración activa mediante a introdución de especies autóctonas é unha ferramenta fundamental para acelerar a recuperación dos hábitats naturais.  

 Deste xeito, o proxecto de recollida de sementes constitúe unha das fases máis importantes deste proceso, xa que permite dispoñer de material xenético adaptado ás condicións ambientais das propias illas e da súa contorna costeira inmediata.  

Sementes de proximidade para garantir o éxito da restauración 

 As sementes recollidas pertencen a especies características dos bosques e matogueiras atlánticas galegas.  En concreto, destacan as 2.678 sementes viables recollidas de érbedo (Arbutus unedo),  as 2.850 de estripeiro ou espiño albar (Crataegus monogyna), as 1.374 de acivro (Ilex aquifolium) e as 1.000 de loureiro (Laurus nobilis). Así mesmo, tamén se recolleron 297 sementes de pereira brava (Pyrus cordata), 122 de rebolo (Quercus pyrenaica) e 65 de carballo (Quercus robur).  

 En canto ás zonas de recollida, a súa selección responde a criterios ecolóxicos moi estritos. Os traballos realizáronse tanto dentro do Parque Nacional -nas illas de Faro, Monteagudo e Ons-, como en áreas costeiras próximas do Morrazo, incluíndo Hío, Aldán e Cabo Udra. Estas localizacións presentan condicións climáticas, xeográficas e ecolóxicas similares ás dos espazos que se pretende restaurar, favorecendo así unha mellor adaptación das futuras plantas aos ambientes insulares.  

 A totalidade das sementes recollidas están a ser cultivadas polo persoal do Parque en viveiros, onde se desenvolven programas de produción de planta autóctona a partir de sementes obtidas en campañas anteriores, seguindo protocolos específicos de conservación e xerminación.  

 O uso de material vexetal procedente de contornas ambientalmente similares representa unha vantaxe clave para a restauración ecolóxica xa que estas plantas presentan unha maior capacidade de adaptación ás condicións de vento, salinidade, solo e dispoñibilidade hídrica características dos ecosistemas insulares, aumentando así as probabilidades de supervivencia e éxito das futuras repoboacións.  

 Ademais de contribuír á recuperación da cuberta vexetal, estas actuacións favorecen a restauración de procesos ecolóxicos fundamentais, como a dispersión natural de sementes por parte da fauna, a mellora da estrutura e fertilidade dos solos e a creación de refuxios e recursos alimentarios para numerosas especies de aves e invertebrados.  

Un esforzo continuado con resultados tanxibles 

 Esta campaña dá continuidade aos traballos iniciados en 2021 para abastecer de material vexetal os proxectos de restauración do Parque Nacional. No conxunto das campañas realizadas entre 2021 e 2025 obtivéronse máis de 34.900 sementes viables, consolidando unha base xenética de gran valor para os futuros traballos de restauración ecolóxica.  

 De feito, a restauración dos hábitats insulares constitúe un dos principais retos de conservación do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Iniciativas como este programa de recollida de sementes permiten avanzar cara á recuperación de ecosistemas máis resilientes, biodiversos e funcionais, garantindo a conservación a longo prazo dun dos espazos naturais máis emblemáticos do litoral atlántico europeo.

CULTURA

A Deputación inaugurará o próximo martes en Sanxenxo a nova exposición itinerante “A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación” 

O Centro de Interpretación da Telleira acollerá ata o 15 de outubro esta mostra de posta en valor do patrimonio arqueolóxico galaico-romano da provincia que amosará 75 pezas procedentes de castros da provincia. A exposición irá acompañada de obradoiros didácticos, visitas guiadas e conferencias 


Vista do sector Calvo,  no poboado castrexo do Monte Santa Trega (A Guarda)
Foto: Infogauda

Infogauda/Sanxenxo

 A Deputación de Pontevedra inaugurará o próximo martes, 15 de setembro, ás 11:30 horas, no Centro de Interpretación da Telleira, en Sanxenxo, a nova exposición itinerante “A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación”. Trátase dunha mostra que dá continuación ao proxecto Trazas de Pontevedra, que naceu co obxectivo de poñer en valor o patrimonio arqueolóxico galaico-romano da provincia a través dunha rede de dezasete xacementos de alto valor histórico e científico.  

 A exposición estará dispoñible en Sanxenxo ata o 15 de outubro e nela presentaranse ata 75 pezas procedentes de castros da provincia. No acto de inauguración, o equipo da Fundación Terra Termarum ofrecerá unha explicación detallada das pezas, achegando información sobre o seu contexto histórico, significado e valor patrimonial. Ademais, acompañarase a mostra ao longo do mes de obradoiros didácticos para público xeral, obradoiros infantís para escolares de entre 8 e 10 anos, visitas guiadas e unha conferencia sobre a temática da exposición.  

 Despois do seu paso por Sanxenxo, “A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación” chegará ao Museo Municipal Manuel Torres, do Concello de Marín, onde se poderá visitar entre o 28 de outubro e o 28 de novembro. De cara ao ano 2027, está previsto que esta mostra impulsada pola Deputación de Pontevedra chegue aos concellos de Vilagarcía de Arousa, A Guarda e Tui.

MAR

CETMAR e FAO unen forzas para mellorar a seguranza das embarcacións de pesca artesanal en São Tomé e Príncipe 

 O Centro Tecnolóxico do Mar lidera unhas xornadas técnicas para avaliar a estabilidade e seguridade na navegación de dous prototipos de embarcacións construídos en estaleiros locais


Construídas nos estaleiros locais con apoio formativo de dous expertos en carpintería naval e composites  de Cetmar, estas embarcacións serán sometidas a unha axenda de tres días de ensaios rigorosos no mar para comparar a súa estabilidade e o seu rendemento técnico e operativo
Foto: XG

Infogauda/Vigo

 O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar pon en marcha esta semana as últimas probas dun proxecto moi especial: renovar e facer moito máis segura a navegación dos pequenos barcos da pesca artesanal  en São Tomé e Príncipe. Con este paso, CETMAR contribúe a protexer a vida dos mariñeiros locais no seu dia a día no mar.  

 A actividade céntrase na avaliación da estabilidade e seguridade na navegación dos dous prototipos de embarcacións de pesca artesanal de arredor de 6 metros que foron construídas en materiais diferenciados: un en contrachapado mariño e outro en fibra de vidro.  

 Construídas nos estaleiros locais con apoio formativo de dous expertos en carpintería naval e composites  de Cetmar, estas embarcacións serán sometidas a unha axenda de tres días de ensaios rigorosos no mar para comparar a súa estabilidade e o seu rendemento técnico e operativo.  

 Durante estas xornadas, o equipo técnico de Cetmar, conformado por un técnico e un enxeñeiro naval e oceánico, xunto con pescadores e representantes do socio local, a ONG MARAPA, realizarán as probas regulamentarias de acordo á lexislación internacional de estabilidade e navegabilidade. O obxectivo é garantir a máxima seguridade dos pescadores artesanais ante condicións de carga extrema ou manobras críticas coas artes de pesca.  

 O procedemento técnico supervisado polo enxeñeiro naval e oceánico desprazado a terreo polo Cetmar,  divídese en dúas etapas fundamentais. Por unha banda, a proba de estabilidade e inclinación en seco, mediante a que se pretende determinar con exactitude o centro de gravidade da embarcación. Para iso, realizarase a simulación da embarcación totalmente cargada, distribuíndo pesos calibrados sobre a cuberta.  

 A segunda das probas é a mar ou navegación activa, cando a embarcación sae a navegar en mar aberto executando distintas manobras para avaliar a súa estabilidade dinámica e o comportamento do casco cargado.  

 Os resultados destas avaliacións servirán para validar os prototipos e introducir, se fose necesario, melloras no seu deseño, contribuíndo así á modernización progresiva da frota artesanal do país e ao reforzo da seguridade das persoas que desenvolven a súa actividade no mar.  

 Ademais da mellora das embarcacións, esta iniciativa contribúe á transferencia de coñecemento técnico aos estaleiros locais e ao fortalecemento das capacidades nacionais para a construción e mantemento de embarcacións máis seguras, eficientes e adaptadas ás necesidades do sector.  

 O programa FISH4ACP, no que se enmarca esta actuación, está financiado pola Unión Europea e polo Ministerio Federal de Cooperación Económica e Desenvolvemento de Alemaña (BMZ) e é executado pola FAO en colaboración con socios nacionais e internacionais.

11 de set. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés vai a pola súa segunda vitoria en Sagunto 

O equipo baixomiñoto completa a primeira semana da Liga visitando ao Balonmano Morvedre, contra o que disputa este sábado a segunda xornada (19.30 horas, Pavillón René Margil) 

As da Guarda tratarán de prolongar as boas sensacións da súa estrea competitiva, na que unha grande defensa lles permitiu superar con folgura ao Grafometal La Rioja (29-17) 


As xogadoras do Atlético Guardés atendendo ás indicacións do adestrador José Ignacio Prades, nun momento do encontro do pasado mércores, na pavillón municipal A Sangriña
Foto: Lino Escurís

Redacción Deportes/A Guarda

 O Atlético Guardés busca continuar a Liga coa súa segunda vitoria. As de José Ignacio Prades viaxan esta fin de semana a Sagunto, Valencia, para disputar a segunda xornada ligueira ante un Balonmano Morvedre con ganas de puntuar. A comitiva segue a botar de menos a África Sempere e María Cobo, ás que se suma agora a baixa de Elena Martínez tras lesionarse no quecemento do partido do pasado mércores. 

 O equipo baixomiñoto chega buscando manter a fórmula que tan ben lle está a funcionar neste inicio competitivo. Unha defensa sólida e un ataque atento e ben definido permitíronlle este mércores impoñerse con rotundidade ante un Grafometal La Rioja que ía disposto a dar unha boa batalla (29-17). A precisión das goleadoras Serrano, Hauptman e Cacheda, así como a tenacidade das defensoras Palomo ou Solla -malia rematar o encontro coa expulsión definitiva desta última- foron as chaves máis destacadas dunha actuación colectiva moi equilibrada, que espera ver unha nova entrega este sábado no seu segundo asalto ligueiro. 

 A semana inicial de competición, así, ofrece xa unha carga de quilometraxe importante: o equipo tivo que saír en autobús este xoves, escasas 24 horas despois de finalizar o seu primeiro partido, para chegar á cidade valenciana este venres ao mediodía e dispoñer deste xeito dunha derradeira xornada de adestramento antes do momento da verdade. A noite de descanso in situ limita os danos dunha viaxe xa habitual para o equipo, se ben non pode controlar outro problema xurdido nos últimos dúas ao que agora debe enfrontarse o equipo: a convocatoria chegará ás 15, aínda que José Ignacio Prades só contará con 14 xogadoras dispoñibles para as rotacións. 

 María Cobo continúa sen poder aportar nas pistas, completando as últimas semanas de recuperación da súa operación de ligamento cruzado, e tampouco esta semana pode contar o equipo con África Sempere por motivos de saúde. Pero ademais, a elas únese tamén a baixa de Elena Martínez, quen no quecemento previo ao partido do mércores sufriu unha caída desafortunada e feriuse no xeonllo dereito. A lateral viaxou este xoves, se ben deberá permanecer no banco, á espera de realizar probas médicas durante a semana que vén que concreten o alcance da súa lesión e estimen un tempo aproximado de rehabilitación. 

 Con estas condicións visita o Atlético Guardés a un Morvedre con ganas de puntuar por primeira vez esta tempada, tras quedar lonxe de facelo na primeira xornada na casa do Balonmán Porriño (27-19). O proxecto da ex baixomiñota Cristina Cabeza reforzouse durante o verán con nomes de peso como Marta Regordán, Noelia Amores ou Sandra Radovic (tamén con pasado na Sangriña), ademais de manter o groso do seu cadro de persoal da pasada campaña. 

 O mércores, as de Sagunto ofreceron un encontro pouco estable, con problemas para manter a intensidade ofensiva de forma continua que, especialmente no tramo final, foron os responsables da folgada diferenza no resultado definitivo. Con todo, o grupo que aínda se está a consolidar (coma todos a estas alturas) tamén amosou unha capacidade de reacción importante, levando o encontro a distancias mínimas no seu ecuador e apertando ao rival con varios recursos. Son eses momentos de brillantez os que a técnica madrileña tratará de evocar este sábado para deixar sen opcións ao seu antigo equipo, nun pavillón René Marigil que tampouco porá as cousas sinxelas ao visitante. 

 Na última visita do equipo baixomiñoto ao pavillón valenciano, a xornada final da fase regular ligueira da pasada tempada, o choque rematou con reparto de puntos (23-23). O obxectivo, este sábado e sempre, melloralo.  

José Ignacio Prades: “Creo que vai ser unha das pistas máis complicadas, o Morvedre compite moi ben e sabe ao que xoga” 

 O adestrador do Atlético Guardés, José Ignacio Prades, xulga ao Morvedre coma un duro rival. O de Petrer destaca que as de Sagunto remataron a pasada tempada “cunha dinámica moi positiva, xa que acabou sendo un dos equipos máis en forma e máis perigosos”, ao cal se suma o feito de que “se reforzou moi ben para esta nova tempada e medrou moitísimo”. O técnico subliñou ademais que, malia a derrota da primeira xornada, o conxunto valenciano “realizou unha pretempada de moi bos resultados e sensacións, sendo competitivo practicamente en tódolos partidos”, e situando ao seu cadro de persoal dende o primeiro momento nun nivel de esixencia que fai, ao seu parecer, que o René Marigil vaia ser “unha das pistas máis complicadas” do curso. 

 Prades estima por norma xeral que “xogar fóra da casa sempre vai esixirte un plus máis”, se ben no caso do Morvedre espera un partido especialmente “duro e complicado”, en tanto é un equipo “que compite moi ben, sobre todo na casa, que ten moi bo equipo e que sabe moi claro ao que xoga”. Non ten dúbida en que as súas deberán dalo todo ante un rival que “ansía conseguir eses dous puntos”, en definitiva.   

AXENDA 

Liga Guerreras Iberdrola | Xornada 2 

Club Balonmano Movedre – Balonmán Atlético Guardés 

Sábado 12 de setembro | 19.30 horas | Pavillón polideportivo René Marigil (Sagunto, Valencia) 

Retransmisión en directo: pola canle de YouTube do Balonmano Morvedre

https://www.youtube.com/watch?v=SbGE-10GMIU      

DEPORTES

PIRAGÜISMO

PRATA PARA MANU OCHOA, NA COPA FINAL DO MUNDO E BRONCE NA XERAL

 

Manu Ochoa - á esq. - no podio coa súa medalla de prata lograda na Seu D´Urgell na última Copa do Mundo de Slálom
Fotos: Cedidas
Manu Ochoa

Rosa Fernández Carrera/Deportes

 Ao longo desta semana ten lugar na Seu D´Urgell a última das Copas do Mundo de Slálom. Esta Copa é a máis importante das cinco celebradas, puntuando dobre para a clasificación final. Este xoves comezaron as competicións coa contra reloxo de caiac cross ou proba individual. Manu Ochoa voou polo circuíto facendo o mellor tempo, a falta de doce baixadas. Ao igual que a semana pasada en París, mantívose en cabeza ata que o último do contendentes, o inglés Joseph Clark, o superou cun tempo de 45,91 segundos, a tan só medio segundo do tomiñés.  

 Impresionante tempada a do teixugo que en catro copas do mundo se fixo co ouro en Augsburg, a prata en París e novamente prata na Seu.              

 As Copas do Mundo funcionan coma unha liga, na que se suman os puntos obtidos en cada competición. Na clasificación xeral deste ano Manu Ochoa obtivo a medalla de bronce cun total de 244 puntos, por detrás dos británicos Sam Leaver, que foi prata con 259 puntos, e o imbatible Joseph Clark con 315. Este bronce obtívoo Manu cunha competición menos que os seus contendentes, pois non acudiu a  primeira Copa do Mundo celebrada en Tacen.  

 O sábado o Club Deportivo Miño-Teixugos volverá a estar presente nesta Copa do Mundo con Luís Fernández, que competirá o sábado na modalidade de canoa, e Manu que o fará o domingo nos enfrontamentos de caiac cross.

CAMINHA

Caminha distinguido com o Selo “Município Amigo da Juventude” de 4 Estrelas 


Para o Município de Caminha, esta distinção representa um incentivo para continuar a investir em medidas que promovam o desenvolvimento pessoal, académico, profissional e social dos jovens
Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 O Município de Caminha foi distinguido pela Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ) com o Selo “Município Amigo da Juventude”, na categoria de 4 Estrelas, um reconhecimento que destaca o compromisso do concelho com a implementação de políticas de juventude estruturadas, sustentáveis e centradas nos jovens. Esta distinção reforça a visão do Município para uma juventude mais participativa, integrada e preparada para os desafios do futuro.

 A distinção, válida até junho de 2028, reconhece a estratégia e as boas práticas desenvolvidas pelo Município de Caminha no âmbito da juventude, valorizando o trabalho realizado na promoção da participação cívica, da educação, da inclusão, da capacitação e da criação de oportunidades para os jovens do concelho. Entre os projetos que contribuíram para esta distinção destaca-se o programa Verão Jovem, implementado pela primeira vez este ano e que proporcionou novas experiências de participação e envolvimento aos jovens caminhenses.

 A atribuição deste selo resulta da avaliação promovida pela Rede Nacional de Municípios Amigos da Juventude, da FNAJ, que distingue os municípios que desenvolvem políticas consistentes e articuladas com as necessidades e aspirações das novas gerações, afirmando-se como referências a nível nacional.

 Para o Município de Caminha, esta distinção representa um incentivo para continuar a investir em medidas que promovam o desenvolvimento pessoal, académico, profissional e social dos jovens, reforçando o seu papel ativo na construção do futuro do concelho.

 A conquista do Selo “Município Amigo da Juventude” de 4 Estrelas vem, assim, confirmar o caminho que tem vindo a ser trilhado pelo Município na valorização da juventude e no desenvolvimento de políticas que colocam os jovens no centro da ação municipal.

CAMINHA

Município de Caminha reforça bem-estar animal 

Com instalação de abrigos para colónias de felídeos errantes 


Os novos abrigos funcionam como estruturas de proteção e alimentação para gatos esterilizados e identificados
Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 O Município de Caminha concluiu a primeira fase da instalação de abrigos destinados a colónias de gatos errantes, uma medida integrada na estratégia municipal de bem-estar animal e saúde pública. Nesta primeira etapa foram colocados quatro abrigos em Caminha, Moledo e Vila Praia de Âncora, estando já prevista uma segunda fase, que será implementada em breve, alargando esta rede de equipamentos a novos locais do concelho.

 A instalação destes equipamentos resulta de uma decisão do Município que visa proporcionar melhores condições aos animais que integram colónias devidamente acompanhadas, contribuindo para o controlo da dimensão das colónias e para uma convivência mais equilibrada e segura nos espaços públicos.

 Os novos abrigos funcionam como estruturas de proteção e alimentação para gatos esterilizados e identificados, inseridos no âmbito do programa CED (Capturar, Esterilizar e Devolver), reconhecido como o método mais eficaz e humanitário para o controlo das colónias felinas. A presença de cuidadores voluntários credenciados continua a ser fundamental para a monitorização dos animais, alimentação e manutenção dos espaços.

 Entre os principais benefícios da instalação destes equipamentos destacam-se a melhoria das condições de bem-estar animal, a redução da reprodução descontrolada, a diminuição da dispersão dos animais pelo espaço urbano e uma gestão mais eficaz das colónias existentes. O acompanhamento organizado das colónias permite ainda reduzir potenciais conflitos de convivência, melhorar as condições de higiene dos locais e contribuir para a salvaguarda da saúde pública.

 Para o Município, a instalação destes abrigos para animais errantes constitui uma solução que concilia a proteção animal, o equilíbrio ambiental e a qualidade de vida dos munícipes.

CAMINHA

Liliana Silva participou no XII Congresso sobre Planeamento e Gestão das Zonas Costeiras dos Países de Expressão Portuguesa 


O XII congresso organizado pela Associação Portuguesa de Recursos Hídricos está a decorrer na Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto e contou, hoje, com a participação da Presidente da Câmara Municipal de Caminha 

Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 A Presidente da Câmara Municipal de Caminha, Liliana Silva, participou no XII Congresso sobre Planeamento e Gestão das Zonas Costeiras dos Países de Expressão Portuguesa, um encontro que reúne especialistas, investigadores, responsáveis políticos e técnicos de diferentes países para debater os grandes desafios que se colocam atualmente à proteção, valorização e gestão sustentável das zonas costeiras.

 O XII congresso organizado pela Associação Portuguesa de Recursos Hídricos está a decorrer na Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto e contou, hoje, com a participação da Presidente da Câmara Municipal de Caminha na mesa-redonda 1.

 A participação de Caminha neste congresso assume particular relevância, tendo em conta a forte relação do concelho com o mar, os rios e a frente atlântica, mas também os desafios que o território enfrenta ao nível da erosão costeira, das alterações climáticas, da proteção das comunidades e das atividades económicas e da valorização sustentável dos recursos naturais.

 Durante a sua intervenção, a Presidente da Câmara sublinhou que a gestão da zona costeira deve ser encarada como uma prioridade estratégica, exigindo uma visão de longo prazo e uma estreita articulação entre a Administração Central, os municípios, as instituições científicas, as comunidades locais e os diferentes agentes económicos.

 “Os territórios costeiros estão na primeira linha dos efeitos das alterações climáticas. Não podemos limitar-nos a reagir aos problemas depois de eles acontecerem. Temos de antecipar, planear e preparar os nossos territórios para o futuro, garantindo simultaneamente a segurança das populações e a preservação dos valores ambientais, económicos e sociais que tornam estas zonas tão importantes”.
 
 Liliana Silva destacou ainda a necessidade de reforçar a capacidade dos municípios para participarem ativamente nas decisões relativas à gestão da costa, defendendo que quem está no território conhece melhor as suas especificidades, os seus problemas e as necessidades das populações.

 Para a autarca, as respostas aos desafios costeiros não podem assentar numa única solução. Em função das características de cada território, deverão ser ponderadas diferentes estratégias, desde a proteção e manutenção de infraestruturas existentes, à alimentação artificial de praias, à recuperação dos sistemas naturais e à adoção de medidas de adaptação que permitam aumentar a resiliência das comunidades.

 “Não existe uma solução única para todos os territórios. Cada intervenção deve ser sustentada em conhecimento científico, em estudos técnicos e numa avaliação rigorosa dos impactos ambientais, económicos e sociais. Mas existe uma certeza: não podemos adiar decisões quando estão em causa a segurança das pessoas, a proteção do território e o futuro das nossas comunidades costeiras”, afirmou.

 A Presidente da Câmara de Caminha chamou também a atenção para a importância de uma maior cooperação entre os países de expressão portuguesa, considerando que muitos dos desafios enfrentados pelas comunidades costeiras são comuns e que a partilha de conhecimento, experiências e boas práticas pode contribuir para encontrar respostas mais eficazes e adaptadas a cada realidade.

 A participação neste congresso permitiu ainda reforçar a posição de Caminha enquanto território atento às questões relacionadas com o mar, os rios, a sustentabilidade ambiental e a adaptação às alterações climáticas, promovendo o contacto com especialistas e instituições que trabalham nestas áreas.

 “Caminha tem uma identidade profundamente ligada ao mar e aos rios. Temos uma responsabilidade acrescida na defesa deste património, mas também uma oportunidade para transformar os desafios atuais numa estratégia de futuro. Queremos um concelho mais resiliente, mais preparado e capaz de conciliar proteção ambiental, qualidade de vida, atividade económica e valorização do nosso território”, concluiu Liliana Silva.

 A presença da Presidente da Câmara Municipal neste congresso representa, assim, mais um momento de afirmação da importância de Caminha na discussão nacional e internacional sobre o futuro das zonas costeiras, reforçando a aposta do Município numa política de planeamento, prevenção e adaptação perante os desafios que resultam das alterações climáticas.