14 de set. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

MANU OCHOA, GAÑA A ÚLTIMA E MÁIS IMPORTANTE COPA DO MUNDO DA TEMPADA


Manu Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, no podio, coa medalla de ouro que logrou na proba de caiac cross
Fotos: Cedidas
Manu Ochoa - no centro - impúxose ao neozelandés Finn Butcher, ao suízo Jan Rohrer e ao italiano Giovanni de Gennaro
O padexeiro tomiñés Manu Ochoa - no centro -, nun momento da disputada regata


Rosa Fernández Carrera/Deportes

 Este domingo rematou na Seu D´Urgell  a última e máis importante Copa do Mundo de Slálom da tempada 2026. Esta proba ten gran relevancia pois con ela empeza a suma de puntos para acadar unha praza directa para as olimpíadas de Los Ángeles 2028.  

 O peche ao evento foi a de caiac cross, na que Manu Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, tiña gañado o seu posto co segundo mellor tempo acadado o xoves na proba individual. Na fase de loitas o tomiñés gañou tódalas probas con superioridade: clasificatorias, octavos, cuartos e semifinais superounas con clara vantaxe sobre o resto dos contendentes. Na baixada de finais, de novo se puxo en cabeza desde a mesma rampla de saída, gañando con claridade por diante do neozelandés Finn Butcher, do suízo Jan Rohrer e o italiano Giovanni de Gennaro.  

 Luís Fernández, dos teixugos, tamén participou, pero na modalidade de canoa ou C1. Luís fixo unha boa baixada, pero catro segundos de penalización por dous toques nas portas, deixárono fora de semifinais, rematando trixésimo sétimo.  

 Tanto Manu como Luís pecharán tempada en quince días no Campionato Europeo a celebrar en Ivrea, Italia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario