11 de set. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

PRATA PARA MANU OCHOA, NA COPA FINAL DO MUNDO E BRONCE NA XERAL

 

Manu Ochoa - á esq. - no podio coa súa medalla de prata lograda na Seu D´Urgell na última Copa do Mundo de Slálom
Fotos: Cedidas
Manu Ochoa

Rosa Fernández Carrera/Deportes

 Ao longo desta semana ten lugar na Seu D´Urgell a última das Copas do Mundo de Slálom. Esta Copa é a máis importante das cinco celebradas, puntuando dobre para a clasificación final. Este xoves comezaron as competicións coa contra reloxo de caiac cross ou proba individual. Manu Ochoa voou polo circuíto facendo o mellor tempo, a falta de doce baixadas. Ao igual que a semana pasada en París, mantívose en cabeza ata que o último do contendentes, o inglés Joseph Clark, o superou cun tempo de 45,91 segundos, a tan só medio segundo do tomiñés.  

 Impresionante tempada a do teixugo que en catro copas do mundo se fixo co ouro en Augsburg, a prata en París e novamente prata na Seu.              

 As Copas do Mundo funcionan coma unha liga, na que se suman os puntos obtidos en cada competición. Na clasificación xeral deste ano Manu Ochoa obtivo a medalla de bronce cun total de 244 puntos, por detrás dos británicos Sam Leaver, que foi prata con 259 puntos, e o imbatible Joseph Clark con 315. Este bronce obtívoo Manu cunha competición menos que os seus contendentes, pois non acudiu a  primeira Copa do Mundo celebrada en Tacen.  

 O sábado o Club Deportivo Miño-Teixugos volverá a estar presente nesta Copa do Mundo con Luís Fernández, que competirá o sábado na modalidade de canoa, e Manu que o fará o domingo nos enfrontamentos de caiac cross.

Ningún comentario:

Publicar un comentario