2 de out. de 2026

GALICIA

CCOO Hábitat esixe unha investigación exhaustiva e a depuración de responsabilidades tras a explosión nunha canteira do Porriño que deixa catro traballadores feridos 


CCOO Hábitat Galicia

 Desde CCOO Hábitat Galicia trasladamos todo o noso apoio e solidariedade aos catro traballadores afectados e ás súas familias, e desexamos unha pronta recuperación ao operario que se atopa en estado moi grave. 

 Carmen Villar, Secretaría de Saúde Laboral de CCOO Hábitat Galicia, sinala: “A prioridade é a seguridade e a saúde. A investigación ten que ser rigorosa e deben depurarse as responsabilidades correspondentes, ao mesmo tempo que se debe comprobar se se cumpría estritamente a Lei de Prevención de Riscos Laborais e os regulamentos específicos de seguridade mineira e manipulación de substancias explosivas”. 

Cero tolerancia co risco nos traballos de alto impacto 

 CCOO Hábitat lembra que as labores de voadura en minas e canteiras son operacións de alto risco que esixen a máxima rigorosidade, medidas preventivas do máis alto nivel, formación especializada e continua, así como unha verificación exhaustiva dos equipos e dos tempos de detonación. 

 Ningunha meta de produción nin ningún prazo comercial pode estar por riba da vida e da integridade física das persoas traballadoras. 

 Desde CCOO Hábitat reclamamos que se esclarezan canto antes as causas do sinistro e que, se se detectan incumprimentos ou responsabilidades, se adopten as medidas correspondentes para evitar que feitos así volvan repetirse. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario