25 de set. de 2026

TOMIÑO

ADETO propón un comezo de curso 100x100 local 

•  O comercio de Tomiño premiará ás primeiras persoas en facer tres compras locais. 


Gonzalo Lomba/Tomiño  

 Comeza o curso e os negocios de Tomiño ofrecen todo o necesario para preparase para a nova tempada: roupa, material escolar, servizos de estética ou saúde, hostalería...de todo nos negocios veciños.  

 Por iso desde ADETO e os seus asociados lanzan a campaña Volta ao Cole 100x100 local na que se premiará de forma directa, sen sorteos, as persoas consumidoras que fagan 3 compras en 3 negocios distintos da vila.  

 O proceso é moi sinxelo: basta con escanear o QR do negocio onde se fai a compra e rexistrala. As primeiras persoas que o fagan 3 veces recibirán automáticamente un bono de 10€ para gastar novamente nos negocios da asociación.  

 A campaña, que conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño estará en funcionamento ata que se esgoten os bonos e axudará aos clientes dos negocios da vila a afrontar o novo curso de forma 100x100 local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario