25 de set. de 2026

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA PROHIBE TEMPORALMENTE O BAÑO NA PRAIA DE O CARREIRO POR CONTAMINACIÓN MICROBIOLÓXICA  

• A medida permanecerá vixente ata que a contraanálise confirme que a calidade da auga volve cumprir cos parámetros sanitarios establecidos para garantir un baño seguro  


Vista aérea da praia do Carreiro
Foto: CAG

Infogauda/A Guarda

 No día de hoxe, venres, 25 de setembro de 2026, o Concello da Guarda, fixo pública á seguinte nota de prensa, que a continuación reproducimos íntegramente: 

 "O Concello da Guarda informa da prohibición temporal do baño na praia de O Carreiro tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mostra de auga recollida neste areal presenta unha contaminación microbiolóxica que supera os límites establecidos para autorizar o baño.  

 Ante esta situación, e co obxectivo de garantir a seguridade e a saúde das persoas usuarias, o ente municipal procedeu á prohibición do baño nesta praia, medida que xa está en vigor dende hoxe, 25 de setembro, e ata novo aviso.   

 A restrición manterase ata que se coñezan os resultados da contraanálise e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros permitidos pola normativa vixente, permitindo así o baño en condicións de seguridade.   

 O Concello da Guarda informará da evolución desta situación e comunicará o levantamento da prohibición tan pronto como a Consellería de Sanidade confirme que a calidade da auga é apta para o baño". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario