21 de ago. de 2026

TUI

Este sábado  no Mercado de San Antonio saboréase o mexillón ao vapor, en vinagreta e en arroz  

 Con este produto ábrense as xornadas gastronómicas que se van celebrar mensualmente con produtos de temporada  


Ana María Núñez Álvarez, concelleira de Comercio e Turismo, xunto o cociñeiro italiano Stefano Quarta, que con María Purificación Correa, lideran o restaurante Al Dente, na presentación das xornadas gastronómicas dedicadas ao mexillón

Foto: C.T.

Infogauda/Tui

 Pór en valor e promocionar os produtos de cada temporada é o obxectivo das xornadas gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio que este sábado comezan en Tui.  

 Ao vapor, en vinagreta e en arroz serán as tres elaboracións que se poderán degustar ao prezo de 4€ a ración a partir das 11:00 h no propio Mercado de San Antonio. O restaurante Al Dente, que colabora na iniciativa, será o encargado de preparar esta proposta gastronómica.  

 A iniciativa busca tamén atraer a novos compradores e apoiar aos praceiros e praceiras e converter ao Mercado de San Antonio nun punto de encontro, de convivencia e de descubrimentos de novos productos.  

 Este sábado a partir das 11:00 h haberá tamén música e un bo ambiente para compartir esta mañá de verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario