A GUARDA ACOLLERÁ A FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO LOCAL DA GUARDA CCA
• Este sábado, 22 de agosto, a partir das 10:00 horas, na praza de Avelino Vicente
Infogauda/A Guarda
A praza de Avelino Vicente, da Guarda converterase este sábado, 22 de agosto, no epicentro do comercio local coa Feira de Oportunidades do Comercio de A Guarda CCA, unha iniciativa organizada por ACIGU Asociación de Empresarios A Guarda - Centro Comercial Aberto, coa colaboración do Concello da Guarda e da Xunta de Galicia.
A xornada terá lugar a partir das 10:00 horas na praza de Avelino Vicente, onde persoas veciñas e visitantes poderán achegarse para coñecer e aproveitar as oportunidades e ofertas do comercio local.
A Feira de Oportunidades busca poñer en valor o comercio de proximidade e ofrecer aos establecementos participantes un espazo para dar a coñecer os seus produtos e propostas, ao tempo que se anima á cidadanía a mercar no comercio local.
"Dende o Concello da Guarda animamos a veciñanza e ás persoas que nos visiten a achegarse este sábado á feira e apoiar o comercio local, un sector fundamental para dinamizar a economía e a vida social do municipio", dixo a este xornal dixital transfronteirizo, o alcalde Roberto José Álvarez Carrero.

Ningún comentario:
Publicar un comentario