25 ANIVERSARIO DO CETMAR
• O 12 de xuño realizarase diante do CETMAR (Bouzas, Vigo) LonxaLab, unha mostra con actividades de todas as áreas do centro, no que Aixola estará presente
Informa: Centro de Formación de A Aixola
O Centro tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, que xestiona o centro de formación de A Aixola celebra os seus 25 anos, por iso este mes haberá diversas actividades coas que amosar e compartir todo o que se fai no CETMAR.
O 12 de xuño realizarase diante do CETMAR (Bouzas, Vigo) LonxaLab, unha mostra con actividades de todas as áreas do centro, no que Aixola estará presente amosando diferentes proxectos realizados nos nosos cursos, así como a nosa oferta formativa e algunha sorpresa.
Pola mañá participarán colexios de Bouzas e LonxaLab estará aberta ao público de 14:00 a 20:00.
PÁSATE A VISITARNOS!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario