PABLO FERNÁNDEZ MANTÉN UN ENCONTRO DE TRABALLO CO CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS
Foto: XG
Infogauda/Pontevedra
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou esta mañá as instalacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, en Pontevedra, nun encontro de toma de contacto tras a súa recente incorporación ao cargo.
Durante a reunión, o delegado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a realidade actual do sector vitivinícola vinculado á denominación de orixe, así como os principais retos e oportunidades aos que se enfronta nos vindeiros anos. Pablo Fernández destacou a importancia de manter “unha relación fluída e permanente coas entidades e organismos que desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento económico da provincia”.
O representante autonómico puxo en valor a relevancia da Denominación de Orixe Rías Baixas como un dos grandes referentes do sector agroalimentario galego e como “motor económico, social e turístico para numerosos concellos”. Neste sentido, salientou o papel dos profesionais da viticultura e das adegas na xeración de emprego, riqueza e proxección exterior de Galicia, así como a importancia de seguir apostando pola calidade e a excelencia que identifican aos viños desta denominación de orixe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario