17 de xuño de 2026

PONTEVEDRA

PABLO FERNÁNDEZ PARTICIPA NA REUNIÓN DE COORDINACIÓN ENTRE A PROTECCIÓN CIVIL E A POLICÍA LOCAL DE CARA AO INICIO DA CAMPAÑA DE INCENDIOS


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, participou esta mañá na reunión de coordinación entre a Protección Civil e a Policía Local da provincia
Foto: XG
 

Infogauda/Pontevedra

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, participou esta mañá na reunión de coordinación entre a Protección Civil e a Policía Local da provincia que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra.   

 Na reunión representantes das distintas corporacións da provincia puxeron en común os retos e solucións cos que encaran a tempada de verán. Coordinados polos profesionais da Xunta de Galicia, esta reunión permitiu poñer a punto as vías de contacto e os protocolos de actuación de cara a estar previdos fronte a posibles emerxencias.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario