II XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS FESTIVAL CINEMA DO MAR DE MARÍN 2026
Redacción/Marín
O G. C. Ronsel en colaboración co Museo do Mar de Marín organiza unha xuntanza de embarcacións tradicionais que terá lugar os días 26, 27 e 28 de xuño próximo de acordo ao seguinte programa:
INSCRICIÓN DE EMBARCACIÓNS
A inscrición farase a través do correo electrónico do G. C. Ronsel, blogronsel@gmail.com, a data de remate das inscricións é o día martes, 23 de xuño.
Cada embarcación participante deberá estar en posesión do Certificado de Navegabilidade e do Seguro da embarcación.
COMIDAS, CEAS, DORMIR
Deberase indicar o número de persoas asistentes para comidas e dormir. O lugar para dormir será o pavillón do Sequelo (42.38558814742957, -8.700934017172498) a 1.3 km dos atraques.
RECEPCIÓN DE EMBARCACIÓNS
As persoas encargadas de recibir as embarcacións serán: Antón, móbil 640 044 244, Xosé Vilas, móbil 661 536 360 e José Antonio, móbil 690 631 555.
Deberase avisar con antelación a previsión da hora de chegada.





Ningún comentario:
Publicar un comentario