1 de xuño de 2026

GALIZA

Convocada nova xornada de folga no comercio para este martes 2 de xuño 

 En defensa dos convenios provinciais e contra os recortes de dereito e salarios que contempla o convenio estatal de ARTE 


Acampada de protesta de persoas traballadoras do comercio
Foto: CIG

Infogauda/Galiza

 As persoas traballadoras do comercio volverán á folga este martes, 2 de xuño, para demandarlle á patronal un acordo interprofesional galego que blinde a prioridade aplicativa dos convenios provinciais e garanta os dereitos laborais e salariais. Esta nova xornada de folga convócase coincidindo coa xuntanza en Madrid na que, previsibelmente, se procederá á sinatura definitiva do convenio tras o preacordado acadado a pasada semana entre a gran patronal do téxtil e do calzado e os sindicatos CCOO e FETICO. 

 Para este martes tamén están convocadas as seguintes mobilizacións: 

- A Coruña, ás 12:00h, concentración diante da CEC (Praza de Luís Seoane), onde o persoal leva cunha acampada reivindicativa dende o luns 25 de maio, xa que a patronal coruñesa é a máis reticente a asinar un acordo marco galego do comercio que garanta a prioridade de aplicación dos convenios provinciais fronte ao estatal de ARTE e tampouco quere constituír a mesa de negociación do convenio provincial de comercio vario que caducou o 31 de decembro e hai que renovar. 

- Vigo, ás 11:15h, manifestación dende o Cruce de Gran Vía con baixada ao Castaño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario