15 de xuño de 2026

A GUARDA

Cruz Vermella en Baixo Miño realizará a II Andaina Solidaria en San Lorenzo de Salcidos 

• A entrega de dorsais será a partir das 09.00 na Asemblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño 

 



Nélida Rodríguez/A Guarda

 Cruz Vermella no Baixo Miño celebrará o 28 de xuño a II Andaina Solidaria en Salcidos, co obxectivo de recadar fondos que permitan estar cada vez máis preto das persoas, axudándolles a saír dunha situación de vulnerabilidade. 

 Esta andaina é unha gran oportunidade para facer unha actividade inclusiva, comunitaria, saudable e divertida. Un circuíto de dificultade baixa, de algo máis de 7 km, apto para todas as persoas, por zonas rurais e urbanas con saída e meta desde a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella na Guarda. A camiñada comezará na rúa Baiona ás 09.30 horas. 

 Con cada achega contribúese, por exemplo, a brindar produtos de primeira necesidade ás persoas máis necesitadas, a que se realicen talleres de estimulación cognitiva para maiores, a previr a soidade non desexada, a ofrecer apoio escolar a nenos e nenas, a que persoas desempregadas teñan acceso a capacitacións profesionais, a que se realicen talleres de educación en saúde; alén de integración ou apoio psicolóxico, entre outras accións. 

 Para poder formalizar a inscrición ou poderán facer a través da seguinte ligazón: https://cercadeti.cruzroja.es/andainasolidariasanlorenzodesalcidosaguarda 

 Aquelas persoas que desexen formalizar a inscrición de forma presencial poderano facer na sede de Cruz Vermella, na Guarda, situada na rúa Baiona, nº 1 baixo. Os menores de 12 anos participarán de forma gratuíta.  

 Para máis información poden contactar nos teléfonos 986 614 609 e 606 348 471.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario