O Entroido de Goián, Festa Sostible de Galicia Suroeste 2025
• Tamén acadaron esta certificación a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira de A Guarda; a Feira do Viño do Rosal; a Festa da Carne de Potro, de Torroña en Oia; e o Encontro de Viños da Raia de Tui, entre outras
Foto: Cedida
Infogauda / O Baixo Miño
O Entroido de Goián foi recoñecido como Festa Sostible de Galicia Suroeste 2025, un certificado que pon en valor as accións desenvolvidas para reducir o impacto ambiental das celebracións, especialmente no ámbito da prevención e xestión de residuos, o uso eficiente dos recursos e a promoción de produtos locais e de proximidade. O acto reuniu no Rosal a representantes institucionais, comisións organizadoras e entidades participantes para destacar o avance cara a un modelo de eventos máis responsables.
Durante a xornada fíxose entrega das certificacións ás festas participantes, poñendo en valor as accións desenvolvidas para reducir o impacto ambiental das celebracións, especialmente no ámbito da prevención e xestión de residuos, o uso eficiente dos recursos e a promoción de produtos locais e de proximidade.
Xunto ao Entroido de Goián, do concello de Tomiño, acadaron esta certificación a Festa da Lagosta e a Cociña Mariñeira de A Guarda; a Festa da Chanfaina e a Carne do Suído, de Fornelos de Montes; a Festa do Xurelo Asado, de Chaín en Gondomar; a da Empanada de Pan de Millo, de Mos; a Feira do Viño do Rosal; a Festa da Carne de Potro, de Torroña en Oia; a Festa do Choco de Redondela; a Festa da Ostra de Arcade, en Soutomaior; a Festa da Cacheira, en Pazos de Borbén; o Encontro de Viños da Raia de Tui; e a Festa da Arribada de Baiona, que obtivo a distinción na edición celebrada este mesmo ano.
As festas que revalidaron o seu distintivo por segundo ano consecutivo, e que ademais de manter os compromisos asumidos na primeira edición do programa, incorporaron novas accións para mellorar aínda máis a súa sustentabilidade foron a Festa dos Ovos Fritos con Chourizo, de Parada en Nigrán, e a Festa dos Callos do Porriño.
Ao longo do acto destacouse que o programa permitiu avanzar na incorporación de medidas concretas adaptadas á realidade das festas gastronómicas do territorio, favorecendo cambios prácticos na organización dos eventos e xerando unha dinámica de mellora continua.
Tamén se puxo en valor o papel das comisións organizadoras, cuxo esforzo foi clave para integrar criterios ambientais en celebracións con gran arraigamento social e cultural, demostrando que tradición e sustentabilidade poden avanzar da man.
Co acto celebrado no Rosal, o programa reforzou o seu papel como instrumento para impulsar un cambio real na organización de eventos no territorio, promovendo unha cultura baseada na responsabilidade, no coidado do entorno e na mellora ambiental das festas.
O programa Festa Sostible de Galicia Suroeste desenvólvese no marco PSTD A Despensa de Galicia, financiado con fondos NEXT GENERATION-U

Ningún comentario:
Publicar un comentario