12 de maio de 2026

DEPORTES

O EQUIPO GRÓVIAS F. G. SERÁ RECIBIDO OFICIALMENTE 

  Este mércores, 13 de maio ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso



Redacción Deportes / A Guarda 
 
 Este mércores, 13 de maio, ás 20:00h na Casa dos Alonso, o Concello da Guarda abre as súas portas para recibir as xogadoras integrantes do equipo Gróvias F.G., campioas de Galicia da Liga de Fútbol Gaélico, temporada 2025-2026.  

 Todo un éxito para o deporte do Baixo Miño, logrando unha liga nunha disciplina na que aínda non se acadara ningún título.

 A recepción municipal está aberta a toda á cidadanía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario