Visitas guiadas gratuítas ao Castro do Monte Santa Trega
• Ata o domingo 21 de xuño, haberá vistas nas fin de semana, con catro sesións os sábados: dúas en horario de mañá, ás 11:00 e ás 12:30h; e dúas pola tarde, ás 16:30 e ás 18:00h
Infogauda / A Guarda
Pola primavera volven as visitas guiadas ao Castro do Monte Santa Trega, organizadas polo Padroado Municipal Monte Santa Trega. Estas visitas son de carácter gratuíto e non precisan reserva.
Como punto de encontro para o comezo é o aparcamento da Casa Forestal, xusto despois de pasar a zona do castro pola estrada. Durante 45 minutos as persoas asistentes aprenderán sobre a historia do castro e da vida dos seus habitantes. A visita céntrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro, nun percorrido de menos dun kilómetro que inclúe o Barrio da Mergelina e as viviendas reconstruídas.
Ata o domingo 21 de xuño, haberá vistas nas fin de semana, con catro sesións os sábados: dúas en horario de mañá, ás 11:00 e ás 12:30h; e dúas pola tarde, ás 16:30 e ás 18:00h.
Os domingos só se realizaran as visitas en horario de mañá. A partir do 23 de xuño, intensificaranse as visitas guiadas co comezo do verán.
Durante a semana realizaranse saídas cos grupos organizados como excursións escolares, de asociacións,..., e que poden contactar no teléfono 690 017 038 para concertar a súa visita.
Estas visitas pódense completar coa visita ao Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) na cima do monte, así como coa visita á capela ou cun percorrido ás rutas de sendeirismo e aos miradoiros de 360º que ofrece o monte.
Para máis información pódese contactar co MASAT en masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.

Ningún comentario:
Publicar un comentario