INAUGURADO NA PASAXE O TOTEM HOMENAXE ÁS MULLERES CON CORAXE
José Manuel Domínguez Freitas/Camposancos
Organizado pola ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestás, este pasado sábado tivo lugar a homenaxe ás “Mulleres con Coraxe”. O acto, no que interviron a presidenta da Entidade, Mercedes Martínez Vázquez e o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, tivo una forte pegada institucional xa que ó mesmo se sumaron a exalcaldesa Purificación Álvarez Álvarez, e os exalcaldes José Luis Alonso Riego e Antonio Lomba Baz así como o expresidente da Entidade Rafael Álvarez Martínez, concelleiras e concelleiros e representantes de asociacións e colectivos, ademais dunha nutrida representación veciñal.
No transcurso do mesmo, José Antonio Uris Guisantes fixo un pormenorizado percorrido pola historia das mulleres que sufriron a represión franquista e mulleres solidarias que mitigaron as penas dos prisioneiros do Campo ou das mulleres represaliadas. Unhas, mulleres anónimas, mulleres sen nome e outras coñecidas, mulleres con nome.
No remate do acto, o que foi o momento máis emotivo, Darina Domínguez, filla de Manuel Domínguez “Taxota” e María José Baró, filla do Josefa Pereira, descubriron a placa do totem que di:
A TODAS AS MULLERES CON CORAXE
Ás que penaron neste Campo de Concentración, ás que sufriron a represión franquista, ás que pagaron coa súa vida, ás que lle fixeron a vida máis doada aos prisioneiros e ás súas familias, a todas ellas o noso recoñecemento e gratitude. Maio de 2026.

.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario