A OMIX da Guarda organiza un obradoiro para realizar cúpulas de flores secas
• As inscricións abriranse o luns 11 no enderezo electrónico informacion@aguarda.es
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello da Guarda continúa coa organización de obradoiros gratuítos para diversificar a oferta do ocio da mocidade na nosa vila.
Para o sábado, 16 de maio, de 10:00 a 13:00h, haberá un obradoiro para realizar cúpulas de flores secas, que estará dirixido polo estudio floral Beltane.
O obradoiro consta dunha parte teórica; unha parte de demostración; e finalmente unh,a parte práctica onde as persoas participantes elaboran o traballo e reciben axuda e apoio para solucionar as súas dúbidas.
Deste xeito, aprenderán o nome das especies utilizadas; a mellor forma de conservar o traballo; ou a teoría da cor detrás da combinación escollida antes de pórse mans á obra.
As prazas son limitadas e terá prioridade a mocidade, aínda que estará aberto ao público xeral se hai prazas.
A inscrición estará aberta desde o próximo luns 11 a través do enderezo electrónico da OMIX: informacion@aguarda.es.

Ningún comentario:
Publicar un comentario