11 de maio de 2026

A GUARDA

O  BNG CONVOCA UNHA ASEMBLEA VECIÑAL SOBRE A COMPRA DA  CASA DE D. ELOI DOMÍNGUEZ 

 O vindeiro mércores, 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio de San Bieito


Infogauda / A Guarda

 O BNG convoca á veciñanza a unha asemblea informativa o vindeiro mércores, 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio de San Bieito. O obxectivo é analizar as consecuencias da polémica compra da "Casa de D. Eloi".  

 O portavoz nacionalista, Anxo Lois Baz, denunciou a falta de transparencia do goberno local: “Non sabemos que agocha Carrero ao intentar impoñer unha compra millonaria sen dar conta á veciñanza nin á corporación”. Baz aclarou que os fondos non son un regalo da Deputación, senón cartos do Plan +Provincia que corresponden á Guarda: “Se se gastan nesta casa, perderanse para investimentos fundamentais e urxentes”.  

 Dende o BNG alertan tamén da falta dun plan de usos e do custo inasumíbel que suporía a rehabilitación e o mantemento do inmoble. Segundo Baz, esta operación hipotecaría os recursos futuros da Guarda, impedindo proxectos prioritarios como a creación de vivenda social ou un auditorio municipal.  

 A formación nacionalista remata facendo un chamamento á participación masiva este mércores para frear o que consideran un despropósito mentres as necesidades reais da vila seguen sen atenderse .

Ningún comentario:

Publicar un comentario