26 de maio de 2026

A GUARDA

O ALCALDE DA GUARDA VISITA “O CARREIRO – WINE & TAPAS”, O NOVO LOCAL HOSTALEIRO SITUADO NA RÚA DO PORTO  

O establecemento aposta polo tapeo de calidade e unha selección de viños especialmente escollidos para ofrecer aos comensais unha experiencia gastronómica completa  


alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero co emprendedor Lorenzo García Alonso (Loren) en “O Carreiro – Wine & Tapas”
Foto: CAG

Infogauda/A Guarda

 O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores do noso municipio. Nesta ocasión, visitou “O Carreiro – Wine & Tapas”, un novo espazo gastronómico situado na rúa do Porto, nº 58, que busca ofrecer unha experiencia baseada no tapeo galego, os produtos do mar e unha coidada selección de viños.   

 Á fronte deste novo proxecto atópase Lorenzo García Alonso (Loren), impulsor dun local pensado tanto para a veciñanza como para as persoas que visitan a Guarda que desexen desfrutar dunha proposta informal e de calidade nun enclave privilexiado xunto ao mar. A apertura deste novo establecemento axuda tamén a diversificar a oferta gastronómica da zona do porto, apostando por un ambiente acolledor e unha atención personalizada.   

 A proposta culinaria de “O Carreiro – Wine & Tapas” combina sabores tradicionais e actuais, cunha ampla variedade de tapas e pratos para compartir. Na súa carta destacan especialidades do mar como o polbo á feira, as zamburiñas, as navallas ou as luras, ademais doutras opcións como táboas de queixos e embutidos, croquetas de diversos sabores, tostas, hamburguesas, pizzas e deliciosas sobremesas.   

 O local presta tamén especial atención á súa selección de viños galegos e nacionais, buscando ofrecer unha experiencia gastronómica completa arredor do concepto “viño e tapas”, sendo un punto de encontro onde desfrutar do produto, descubrir novos viños e vivir unha experiencia cercana.  

  O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, visitou o novo establecemento para coñecer de primeira man esta iniciativa emprendedora e felicitou ao seu responsable pola aposta “por dinamizar o tecido hostaleiro e comercial do municipio, creando novos espazos de encontro e contribuíndo á oferta turística e gastronómica da Guarda”.   

 Desde o Concello da Guarda continúase apoiando e dando visibilidade aos novos proxectos que contribúen á xeración de actividade económica, á creación de servizos e á dinamización das distintas zonas do municipio.   

 “O Carreiro – Wine & Tapas” abre de luns a domingo en horario de 10:00 a 24:00 horas, permanecendo pechado os mércores por descanso do persoal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario