26 de maio de 2026

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA ORGANIZA UNHA NOVA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A COMPOSTAXE  

Será o xoves, 28 de maio, ás 20:00 horas na Casa do Concello  



Infogauda/A Guarda 

 O Concello da Guarda continúa coa súa aposta pola compostaxe cunha nova charla informativa no salón de plenos da Casa dos Alonso este xoves, 28 de maio, ás 20:00 horas.  

 A charla axudará aos veciños e veciñas que solicitaron un composteiro a coñecer mellor a súa función e uso, mais tamén está aberta a toda persoa que teña un composteiro ou queira saber máis sobre a compostaxe.  

 O obxectivo da utilización de composteiros é reciclar correctamente a materia orgánica para obter un abono de alta calidade e coa charla as persoas participantes aprenderán a aproveitas os restos orgánicos das hortas ou xardíns. Deste xeito apóstase pola economía circular ao tempo que contribúe a reducir a produción de residuos e lixo e a minorar as emisións de CO2 á atmosfera.  

 O Concello da Guarda segue a repartir composteiros de xeito gratuíto entre os veciños e veciñas. As persoas interesadas en obter un composteiro, xa o poden solicitar a través de medioambiente@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00.  

 Estas accións contan coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario