O Centro Cultural da Guarda acollerá a obra “Sen filtro. Isto non é un videoxogo” da Asociación FOCO
Este domingo, ás 18:00 horas
Infogauda/A Guarda
Volve o teatro ao Centro Cultural da Guarda esta fin de semana coa obra “Sen Filtro. Isto non é un videoxogo”, unha innovadora proposta de creación teatral intensiva e colaborativa impulsada pola Asociación FOCO.
A peza afonda nas dinámicas das plataformas en liña de videoxogos como Roblox, explorando as luces e sombras dos espazos dixitais habitados por menores.
Teatro, xogo en directo e dispositivos transmedia mestúranse nunha experiencia escénica única que convida á reflexión sobre a moderación de contidos, a supervisión e as responsabilidades arredor destes entornos dixitais.
A actividade enmárcase dentro do proxecto europeo S.O.C.I.A.L., no que participa FOCO xunto á asociación teatral ON&OFF.

Ningún comentario:
Publicar un comentario