O Concello de A Guarda recupera o entorno da igrexa parroquial
• Para mellorar o acceso de persoas e vehículos
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, mércores, 22 de abril de 2026, o executivo municipal do Concello de A Guarda vén de facer público a seguinte información:
"Recuperouse o entorno tradicional da igrexa parroquial, eliminándose os elementos que dificultaban o tránsito de persoas e vehículos.
Deste xeito, a pedra volve a ser a plena protagonista da praza da igrexa e do seu redor. Ao mesmo tempo, déixase espazo para a circulación de vehículos e persoas con carriños, cadeira de rodas ou con mobilidade reducida, e para a súa convivencia".

Ningún comentario:
Publicar un comentario