22 de abr. de 2026

A GUARDA

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en maio na Guarda  

Poderanse revisar tanto turismos como ciclomotores 




Infogauda / A Guarda

 A unidade de móbil de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) instalarase na Estación de Servizo de San Roque (A Guarda) no próximo mes de maio.  

 Desde o día 18 ata o 29 de maio realizaranse inspeccións técnicas de turismos en horario de 9:00 a 13:30 horas e pola tarde de 15:15 a 18:00 horas; agás o día 29 que só atenderá pola mañá.  

 O día 19 de maio tamén se realizarán inspeccións técnicas de ciclomotores no mesmo horario.  

 Para pedir cita previa, pode ser a través do teléfono 981 92 80 80 ou pola páxina web sempre con máximo de 30 días de antelación.  

https://www.sycitv.com/es/cita-previa-particulares/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario