24 de mar. de 2026

TOMIÑO

A AGRUPACION LOCAL DO PSdeG-PSOE E AS CONCELLEIRAS SOCIALISTAS DE TOMIÑO DENUNCIAN A ACTIVIDADE ILEGAL DUN PROSTÍBULO


Vista do exterior do local ubicado en Forcadela
Foto: Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Tomiño


Infogauda / Tomiño

  A Agrupación Local do PSdeG-PSOE vén de lembrar que “en xullo do 2025, as concelleiras socialistas de Tomiño esixiron respostas ante o inicio da dudosa actividade dun local denominado pub” e que non contaba coa licenza de apertura, pese a recoñecer a alcaldesa, que nesa data xa constaban once denuncias da Garda Civil sobre ese local. A día de hoxe a situación non só sigue igual senón que empeorou notablemente.”

 Desde a Agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño indican que “os disturbios sucédense cada fin de semana ata altas horas da madrugada e mesmo ben entrada a mañá, pois non se están a respectar horarios de peche. Hai actuacións constantes da Garda Civil e do servizo de ambulancias, o que está a ocasionar o temor e a intranquilidade da veciñanza do lugar por ter un local destas características ao carón das súas vivendas, ademais da alteración do seu descanso. 

  Logo de recabar información sobre este “garito” onde se exerce a prostitución, cónstanos que segue realizando a actividade únicamente cunha comunicación previa, sen que o goberno municipal teña feito ningún requerimiento de documentación, o que suporía a revocación do título habilitante e poder paralizar a actividade.

 A pregunta que nos facemos é: por qué este goberno nacionalista cunha alcaldesa ao fronte, permite que un local destas características, que sen licenza de apertura está operando con impunidade no noso concello?

 As socialistas esixen “que o goberno municipal actúe de inmediato, tanto solicitando informes á Garda Civil e presentando denuncia no xuzgado, como desde o departamento  de urbanismo que é quen ten a capacidade de revocar ese permiso de actividade”. E lembran que “a prostitución é unha das maiores formas de violencia machista e esclavitude sexual na que os corpos das mulleres son considerados mercancía”. Tamén recordan que “ningunha muller elixe prostituirse libremente, se non que é froito da necesidade económica e a desigualdade”. 

 Por iso, instamos á alcaldesa, que se autodefine feminista e adaíl da igualdade, na que di traballar todos os días do ano e se enorgullece de lemas como construíndo igualdade”, a que sexa consecuente e coherente coas súas verbas e paralice de inmediato a actividade do local Dolce Vita, en Forcadela, afirman desde a Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Tomiño.

  Nesa mesma liña tamén se pronuncian Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do Grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño. “Pola nosa banda, o grupo municipal socialista non queremos prostíbulos no noso concello, nin legais nin ilegais. A prostitución é un negocio que trata ás mulleres como mercancía e esiximos o peche deste tipo de actividades no noso concello. Levaremos ao Pleno municipal unha moción para declarar a Tomiño, concello libre de prostitución”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario