A Xunta de Galicia prohibe as queimas en Galicia para protexer o medio rural
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, venres 27 de marzo de 2026, o Concello de A Guarda fixo pública o seguinte aviso:
"Infórmase á veciñanza que, segundo resolución da Consellería do Medio Rural, do 24 de marzo de 2026, queda prohibida a realización de queimas en toda Galicia.
Deste xeito, quedan prohibidas: as queimas de restos agrícolas e forestais; as queimas de matogueira e calquera tipo de lume ao aire libre.
Esta medida entrou en vigor dende o 24 de marzo e manterase ata novo aviso, como medida preventiva ante o risco de incendios forestais.
Lémbrase que o incumprimento desta prohibición pode dar lugar a sancións administrativas.
Esta medida ten como obxectivo protexer o medio natural e garantir a seguridade de persoas e bens.
Para máis información, consulte as canles oficiais da Xunta de Galicia.
Lembramos que os restos de poda, forestais e agrícolas poden depositarse no Punto Limpo. Ademais, pode solicitarse unha biotrituradora de préstamo para converter estes restos en estruturante".

Ningún comentario:
Publicar un comentario