Abertas as inscricións da V edición do obradoiro de canto para mulleres ‘Con voz propia’
• Esta actividade será impartida por Cristal Méndez Queizán
Infogauda / A Guarda
O obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia” volve este ano 2026 coa súa quinta edición.
Esta actividade, que será impartida por Cristal Méndez Queizán, os mércores a mañá, e de 18:00 a 20:30 horas, comezará o próximo 25 de febreiro e estenderase durante 10 semanas.
O obradoiro ofrece unha actividade en grupo na que as mulleres se sintan a gusto, seguras, tranquilas e coidadas. Non é necesario saber cantar ou ter experiencia, xa que esta actividade busca explorar novas maneiras de cantar e bailar en liberdade, máis alá da música tradicional e do coro.
Ademais fomenta o crecemento persoal e a aprendizaxe de recursos para o equilibrio do sistema nervioso e o benestar, aplicables á actividade diaria.
As inscricións xa están abertas a través do correo electrónico muller@aguarda.es ou do teléfono do Centro de Información á Muller (CIM): 986 61 46 48.

Ningún comentario:
Publicar un comentario