12 de feb. de 2026

A GUARDA

O alcalde da Guarda recibe ao novo párroco  don Juan Luis Martínez Diz 

A reunión serviu para afianzar a colaboración do Concello coa Igrexa en actos relixiosos e laicos  


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, con don Juan Luis Martínez Diz, párroco de Santa María de A Guarda, nun momento do encontro na Casa do Concello
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero vén de reunirse na Casa do Concello con don Juan Luis Martínez Diz, párroco de Santa María de A Guarda, novo presidente da Irmandade do Clamor, e membro do Padroado Municipal do Monte Santa Trega.  

 Con esta visita institucional, quixeron afianzar a colaboración do Concello da Guarda coa Igrexa Católica en numerosos actos durante o ano, tantos relixiosos como laicos. Ademais, puxéronse ao día da situación actual do Padroado Municipal do Monte Santa Trega.  

 “A nosa intención é afianzar as actividades laicas na igrexa parroquial como concertos”, afirma o alcalde, “ademais de continuar coa colaboración para as celebracións relixiosas que marcan o calendario dos guardeses: a Semana Santa, a Virxe do Carme ou Santa Trega, entre outras”.  

 Don Juan Luis mostrouse agradecido ante “a boa acollida por parte de toda a veciñanza guardesa” e tamén agradeceu ao alcalde por facilitar o acollemento durante os primeiros meses na nosa vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario