2 de xan. de 2026

A GUARDA

Os Reis Magos xa están en camiño

Para a cabalgata do próximo luns, 5 de xaneiro, ás 17:30h e a posterior recepción real na Casa do Concello 




Infogauda / A Guarda

 A Guarda recibirá o próximo luns, 5 de xaneiro a visita dos Reis Magos. Será unha tarde moi axetreada para as Súas Maxestades.  

 A partir das 16:30h unha pequena comitiva partirá desde a praza do Concello para facer un percorrido polas parroquias da Guarda e así todos poidan ver aos Reis Magos. A comitiva partirá da rúa Porto Rico cara o Castro, onde parará no seu parque. Logo dirixiranse á praza dos Seixiños e despois irán polo Coruto Vello para parar na praciña da mesma rúa.  

 Posteriormente as Súas Maxestades irán pola rúa Vigo en dirección a Camposancos, onde realizarán dúas paradas: no barrio de Sáa e na praza de san Amaro. Tras este percorrido, volverán ao centro da vila, para chegar á Alameda, desde onde arrancará ás 17:30h a cabalgata.  

 A cabalgata contará coa participación de Do Lusco ó Fusco, Attitude, Grupo de gaitas do Club da 3ª Idade e Pensionistas de A Guarda, e Dansá. 

 Melchor, Gaspar e Baltasar irán repartindo caramelos polas rúas Rosalía de Castro e rúa Galicia. Tras a cabalgata, as portas da Casa dos Alonso abriranse para a recepción real para que todos os nenos e nenas poidan falar cos Reis Magos antes dunha noite tan especial. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario