O PROFESORADO DE PONTEAREAS SÚMASE Á FOLGA
• Convocada para os días 16 e 17 de decembro
Marcos Ojea* / Ponteareas
O profesorado de Ponteareas sumámonos ás xornadas de folga convocadas os días 16 e 17 de decembro e emprazamos a toda a comunidade educativa do Condado e á sociedade en xeral a participar na manifestación que partirá o martes 16 ás 19:00 do IES Val do Tea e percorrerá as rúas da vila para rematar no Concello, co obxectivo de reclamar que se apliquen xa as medidas de mellora no ensino e nas nosas condicións laborais, que levamos anos reclamando. Reducir ratios (número de alumnas/os por aula), incrementar a dotación de profesorado en xeral e, en particular, especialistas de orientación, pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe. Son medidas imprescindibles para garantir a calidade do sistema educativo. Ademais disto, o profesorado reclamamos tamén a recuperación de dereitos perdidos, como a distribución horaria, ou a redución de burocracia, que repercuten igualmente na calidade do ensino.
Aproveitamos para denunciar a actitude dunha Consellería que, sabendo que esta convocatoria de folga afecta en moitos centros ás sesións de avaliación, se negou a negociar, pondo en evidencia unha vez máis a súa falta de interese no ensino público galego.
* Coordinador Edixgal IES Pedra da Auga
Ningún comentario:
Publicar un comentario