6 de nov. de 2025

CULTURA

Os Premios da Cultura Galega 2025 recaen na Editorial Galaxia, a Bienal de Pontevedra, a mostra de Teatro Cómico de Cangas, as Bodegas Martín Códax, Baños Films, a campaña ‘Aquí tamén se fala’, Antón Corral e o programa radiofónico ‘Sempre en Galicia’ 

  O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior


A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos
Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. 

 A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.  Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas: 



 Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral da Promoción da Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a vicepresidenta 2ª do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e María López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega. Tamén profesionais de recoñecido prestixio, como Esther Estévez, xornalista; Alberto Sueiro, director do Festival Internacional Outono de Teatro; Verónica Santos, directora de Acción Cultural na Fundación Cidade da Cultura, e Andrea González, pianista e directora do festival IKFEM. Ademais, exerceu como secretaria Mª Carmen Calviño, subdirectora xeral de Arquivos e Centros Museísticos da Xunta.  

 Con estes galardóns, a Xunta distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario