15 de out. de 2025

COMARCAS

O SERGAS concede unha subvención á Asociación Avelaíña 

  Para o desenvolvemento do Programa Primeira Liña 


Monitoras da Asociación Avelaíña e asistentes a unha charla dirixida a profesionais sociosanitarios e ás forzas e corpos de seguridade do Estado



Natalia Guisande / A Guarda / Baiona / Ponteareas / A Cañiza

 A Asociación Avelaíña vén de recibir unha subvención de 17.890 euros por parte do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para levar a cabo o Programa Primeira Liña, unha iniciativa centrada na formación, sensibilización e prevención do suicidio. 

 Este programa está dirixido a profesionais sociosanitarios e ás forzas e corpos de seguridade do Estado, co obxectivo de proporcionarlles ferramentas prácticas para unha mellor abordaxe desta problemática, especialmente relevante no contexto actual. 

 A intervención terá lugar nas comarcas do Baixo Miñor, Val Miñor, O Condado, A Paradanta e no Concello de Salceda de Caselas, abarcando así unha ampla zona do sur da provincia de Pontevedra. 

 Con esta iniciativa, a Asociación Avelaíña reafirma o seu compromiso coa saúde mental, apostando por accións formativas que contribúan á detección precoz, á intervención eficaz en casos de condutas suicidas, fortalecendo a rede de apoio profesional e comunitaria. 

 A presentación do acto correu a cargo de Rafa Álvarez, xerente da entidade, seguido das intervencións institucionais dos alcaldes e, finalmente, da charla principal a cargo de Olegaria Mosqueda.  

Unha realidade preocupante 

 Segundo o Plan Nacional sobre Drogas, un de cada cinco adolescentes en España (20,5%) presenta signos de uso problemático de Internet, móbil ou redes sociais. Ademais, o informe “Salud mental y desigualdad de jóvenes en España” revela que case o 60% da mocidade española sufriu problemas psicolóxicos no último ano, e que o 48,9% tivo ideacións suicidas en algún momento de 2023. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario