27 de out. de 2025

A GUARDA

A Guarda solidarízase coas vítimas do acoso escolar    

 Este martes, 28 de outubro,  ás 12:30 horas, na praza do Reló. acto en memoria de Sandra Peña 




Infogauda /A Guarda  

 O Concello de A Guarda convoca para este martes, 28 de outubro,  ás 12:30 horas, na praza do Reló. un acto de solidariedade coas vítimas do acoso escolar.   

 O acto, promovido polo Concello e o Centro de Información á Muller (CIM) de A Guarda, será en memoria de Sandra Peña, a nena de catorce anos que decidiu acabar coa súa vida tras sufrir acoso no colexio. 

 "Ademais, con esta concentración rexéitase calquera tipo de acoso escolar e reclámase que os centros escolares sexan un lugar seguro para todos e todas", indican desde o Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario