31 de out. de 2025

A GUARDA

Como punto indispensable do Camiño Portugués pola Costa, A Guarda triunfa no encontro “Miranda Jacobea”  

Asociacións e veciños de Miranda de Ebro xa planean a súa próxima visita á vila guardesa 

 

Óscar Alonso, tenente alcalde do Concello de A Guarda, agradeceu á organización á invitación para participar nese evento
Fotos: C.A.G.



Infogauda / A Guarda

 A pasada fin de semana celebrouse en Miranda de Ebro, na provincia de Burgos, a primeira edición de “Miranda Jacobea, punto de encuentro en el camino”, onde A Guarda participou como concello invitado.  

 A afluencia ao evento foi un éxito durante os tres días, acudindo veciñanza da vila e da comarca, así como asociacións e entidades do Camiño de Santiago. Moitas persoas achegáronse ao posto de A Guarda atraídos polas imaxes das paisaxes guardesas.   


As imaxes das paisaxes de A Guarda motivaron á atención do público

 Algunhas persoas confesaron que visitaran o castro do Monte Santa Trega, mais que volverán para coñecer máis a fondo a nosa vila. Tamén chamou a atención a algunhas asociacións do Camiño que xa comezaron a organización da súa próxima peregrinación desde A Guarda.  

 O sábado produciuse a presentación oficial do Encontro, onde o tenente alcalde, Óscar Alonso Álvarez, agradeceu a organización deste evento que permite dar a coñecer A Guarda como primeiro municipio galego no Camiño Portugués pola Costa e tamén como destino turístico.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario