O Concello de A Guarda mellora o seu principal aparcadoiro
• O asfaltado da Finca de Fínola potencia as prestacións dese espazo público
O alcalde e membros do equipo de goberno do Concello de A Guarda, nunha visita ao aparcadoiro antes de que os traballos de asfaltado rematasen
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda pavimentou este mes, con aglomerado asfáltico en quente, o aparcadoiro de titularidade municipal, ubicado (Polígono 24;Parcela 296) entre as rúas Coruña e Rosalía de Castro, no terreo de clase urbano, sen edificar, coñecido popularmente ao longo de moitas décadas, como Finca de Fínola, e que segundo o catastro, conta cunha superficie gráfica de 1.993 m2.
Desde o executivo que preside o alcalde Roberto José Álvarez Carrero, salientan: "Esta acción é clave, pois é un dos aparcadoiros máis usados pola cidadanía para deixar o seu vehículo mentres desfrutan na Alameda, fan compras ou recados no centro da vila...
Deste xeito, evítase a formación das molestas fochancas polo efecto da chuvia, facilitando tamén o seu uso na época do outono e inverno".

Ningún comentario:
Publicar un comentario