Visita guiada polo patrimonio xudeu
• Será este sábado, 13 de setembro, ás 11.30 horas, na Oficina de Turismo. Estará dirixida polo guía Hugo Lage
Infogauda / Tui
No marco do programa de actividades do “Setembro xudeu en Tui”, este sábado, 13 de setembro, ás 11.30 horas, na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, dará comezo unha nova visita guiada que realizará un percorrido polo patrimonio xudeu, vinculado ás comunidades xudías e criptoxudías que habitaron no conxunto histórico tudense ao longo dos séculos.
Esta actividade estará dirixida polo guía Hugo Lage que posúe unha ampla experiencia nas visitas ao conxunto histórico tudense e que tamén está acreditado pola Red de Juderias de España como guía Rasgo que certifica a súa formación sobre a herdanza xudía.
Esta ruta posibilitará ás persoas asistentes coñecer o patrimonio xudeu e criptoxudeu da cidade de Tui e descubrir as pegadas do seu legado, que en moitos casos non está visibles para os visitantes, ofrecendo unha experiencia de achegamento a esta faceta do patrimonio cultural tudense.
A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, confía que estas propostas contribúan ao coñecemento e valorización tanto da pegadas destas comunidades na nosa cidade como do propio patrimonio cultural tudense.
Esta visita forma parte do amplo programa de actividades que arredor do patrimonio e a cultura xudía promove o Concello de Tui coa denominación de “Setembro xudeu en Tui”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario